AD

Actualidad

4338 Resultados / Página 234 de 482

Fondo
AD

Actualidad

Reprimenda do PSOE compostelán ao bipartito: «Hai unha deficiente xestión diaria»

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentou unha nova iniciativa que busca transformar as rúas da cidade e dinamizar o comercio local: os parklets, espazos urbanos multifuncionais deseñados para fomentar a socialización, a convivencia e o desfrute veciñal. "Queremos crear lugares de encontro, conversa e recreación que axuden a devolver a vida ás rúas e reforcen o tecido comercial", explicou Mercedes Rosón, concelleira socialista, durante unha entrevista recente. A proposta, que será presentada no próximo pleno municipal, enmárcase […]

today22 noviembre, 2024

Actualidad

Padrón convértese na primeira localidade coruñesa da rede de Pobos Máxicos de España

Intégrase nesta asociación que recoñece aquelas poboacións únicas grazas ao seu patrimonio, tradicións e paraxes naturais A distinción impulsará o seu desenvolvemento turístico formando parte de diferentes proxectos conxuntos de promoción Padrón. 22-11-2024.- Xa é oficial. Padrón convértese na primeira localidade da provincia da Coruña en integrarse na rede de Pobos Máxicos de España, organización que ten como obxectivo o desenvolvemento turístico de pobos únicos e vivos, que destacan polo seu patrimonio cultural e natural, polas seus costumes e tradicións […]

today22 noviembre, 2024

Actualidad

Tiran o lixo un sinal da campaña contra a violencia machista en Padrón

Un acto de vandalismo en Padrón suscitou indignación esta semana, tras a retirada e destrución dun sinal colocado na escola unitaria da Ponte como parte da campaña municipal polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O sinal, instalado o martes, foi deliberadamente cortado cunha tesoura e tirado nun contedor apenas unhas horas despois da súa colocación. A iniciativa formaba parte dun proxecto para visibilizar e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de loitar contra a violencia […]

today22 noviembre, 2024

Actualidad

Santiago permitirá convertir bajos en viviendas en algunas zonas del casco histórico

  O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, anunciou o levantamento parcial da suspensión dos actos suxeitos a licenza ou comunicación previa aprobada o 17 de xuño. Trátase dun levantamento parcial en dous sentidos, como explicou o concelleiro: só afecta determinado ámbito e só afecta o cambio de uso terciario a uso residencial en planta baixa. Hai aproximadamente 50 locais sen actividade nas zonas en que se produce este levantamento parcial. Na súa intervención en rolda de […]

today22 noviembre, 2024

Actualidad

A compostelá María Baleato, nova coordinadora de Cultura do PPdeG

A compostelá María Baleato será a nova coordinadora de Cultura do Partido Popular de Galicia (PPdeG), segundo anunciou este xoves a secretaria xeral da formación, Paula Prado. Prado expresou a súa confianza no traballo que realizará Baleato, quen tamén forma parte da comisión asesora de Patrimonio do Concello de Santiago de Compostela. Baleato substitúe a Daniel Chapela, que presentou a súa dimisión o pasado martes e anunciou a súa saída do PPdeG. Chapela, edil en Bueu, comunicou que continuará no […]

today21 noviembre, 2024

Actualidad

Santiago anima á adopción de animais da man dos Orzamentos Participativos

A concelleira María Rozas presentou hoxe a campaña, acompañada polo edil de Sostibilidade Ambiental e Dereitos dos Animais, Xesús Domínguez. A responsable de Xuventude explicou que no proceso dos Orzamentos Participativos de 2024, dúas das dez propostas máis votadas polos mozos e mozas foron unha feira de adopción de animais e un programa de difusión do voluntariado do coidado e atención aos animais. A concelleira apuntou que “o que fixemos foi intentar fusionar ambas propostas, e o resultado é unha […]

today21 noviembre, 2024

Actualidad

Ana Pontón, Noa Presas e Gustavo Barcia buscarán liderar o BNG na súa XVIII Asemblea Nacional

Santiago de Compostela, 21 novembro 2024.- O BNG pecha o proceso preasembleario coa presentación de tres candidaturas á XVIII Asemblea Nacional que terá lugar o vindeiro 1 de decembro en Santiago de Compostela, cita coa militancia que se celebra coincidindo co seu mellor momento social e electoral. As tres candidaturas presentadas están encabezadas por Ana Pontón, actual portavoz nacional; Noa Presas, deputada no Parlamento galego; e Gustavo Barcia, portavoz municipal no Concello de Mos. O Bloque chega a esta XVIII […]

today21 noviembre, 2024

Actualidad

Borja Verea sobre o caso Desproi: “Facemos o correcto que é defender aos santiagueses”

O líder popular amosouse “moi respetuoso coa presunción de inoncencia”, pero salientou que ante “fortes indicios tiña que investigarse que é o que se está facendo; a min persoalmente gustaríame que non houbese ningunha responsabilidade penal”. O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, afirmou onte en relación ás novas sobre o caso Desproi, que “facemos o correcto que é defender aos santiagueses”. Verea lembrou o criticada que foi a súa decisión pero “a mellor proba de que fixemos […]

today21 noviembre, 2024

Actualidad

Pilar Lueiro comproba a evolución das obras Pajuela-Campo da Festa de Marrozos

Concretamente, Pilar Lueiro explicou que o goberno que preside Goretti Sanmartín acaba de acordar a adxudicación do contrato de obras de execución do proxecto de ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos por un importe 351.420 euros, encadrado na segunda fase do Plan Único da Deputación Provincial da Coruña. A concelleira de Rural, que estivo acompañada de representantes veciñais, destacou que esta intervención permitirá a ampliación dun viario municipal para mellorar a circulación de vehículos e […]

today21 noviembre, 2024

AD