AD

Actualidad

4330 Resultados / Página 369 de 482

Fondo
AD

Actualidad

A USC premia a calidade lingüística de 25 traballos académicos, TFG e TFM

      Xoves, 18 de abril de 2024.- A calidade lingüística dun total de 25 traballos realizados no curso 2022-2023 foi recoñecida este xoves pola Universidade de Santiago no acto que cada ano, e xa van 20 edicións, busca fomentar unha cultura de calidade no uso do galego entre o alumnado. Os premios á calidade lingüística dos traballos académicos, Trafallos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Mestrado da USC do curso 2022-2023 entregáronse nunha cerimonia […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Dodro conmemora o Día do Libro coa iniciativa ‘Cafelibros’

      A biblioteca municipal colabora con locais de hostalería de Dodro para achegar a lectura á veciñanza Dodro, 18 de abril 2024 – O concello de Dodro quere conmemorar o Día do libro achegando a lectura á veciñanza, en colaboración cos hostaleiros do pobo, na iniciativa CAFELIBROS Media ducia de locais recibiran da biblioteca, desde o día 23, un préstamo de libros durante quince días. Lecturas variadas e para todas as idades, en galego e castelán, que os […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Ampla oferta de campamentos de verán en Ames

      Presentouse na Casa do Concello, en Bertamiráns, o servizo de campamentos de verán 2024, dirixido á rapazada que estea cursando os niveis de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato Durante o acto, a concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, destacou que este servizo tamén “busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de verán” Pola súa banda, o concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, sinalou que un dos obxectivos do servizo de campamentos municipais […]

today18 abril, 2024

Actualidad

O PSOE destaca os investimentos do Estado en marcha en Santiago: 220 millóns de euros

      O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán no verán e avanza a redacción do proxecto para un novo aparcadoiro da Intermodal O secretario xeral dos socialistas na provincia, Bernardo Fernández, destaca o compromiso do goberno de Pedro Sánchez con Santiago: “son feitos constatados e constatables”. Sobre a operación Peleteiro, Aitor Bouza avanza unha posición “de cidade” e demanda explicacións por […]

today18 abril, 2024

Actualidad

As empresas co selo de calidade turística SICTED en Santiago suben ata 126

      18/04/2024 Compostela alcanza a súa maior cifra de distinguidos co SICTED dende a recuperación deste selo de calidade no 2018, cando houbo 60 distincións. A Casa das Asociacións de Cornes acolleu onte o acto de entrega das distincións do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino que en 2023 recoñecen a 126 empresas e servizos turísticos do concello, nove máis que o ano pasado e máis do dobre das 60 que se conseguiron no 2018, cando […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Cáritas instala dous puntos de recollida de roupa en Sergude e Lestedo

      Boqueixón, 18 de abril de 2024.- O Concello de Boqueixón e Cáritas Diocesana de Santiago veñen de asinar un convenio de colaboración que permitiu a instalación de dous puntos de recollida de roupa, calzados e complementos nas localidades de Sergude e de Lestedo. Uns contedores que foron instalados na xornada de onte en Sergude, a carón da Taberna de San Benito, e en Lestedo, na contorna do Eroski. Cáritas Diocesana de Santiago será quen se encargue do […]

today18 abril, 2024

Actualidad

O BNG consegue que se presenten alegacións en contra de Altri

      “A moción do BNG aprobada no Pleno de marzo solicitaba un Pleno específico para a presentación de alegacións en contra de Altri con acordo da Corporación.” “Este mércores celebrouse o Pleno extraordinario para a elaboración e aprobación de alegacións en contra da implantación da macroceluloso Altri en Palas de Rei, que afectará en grande maneira á calidade das augas e da súa biodiversidade do río Ulla”. O BNG acadou un acordo, coa abstención do Partido Popular, de […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Padrón presentará alegacións ao proxecto de Altri en Palas de Rei

      O goberno local solicita á Xunta que “denegue a autorización ambiental integrada, o estudo de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública e a implantación da industria de fibra téxtil” O alcalde, Anxo Arca, asevera que “o macroproxecto de Altri tal e como está plantexado constitúe un atentado contra o patrimonio natural de Padrón e de Galicia” “Continuaremos a defender o patrimonio natural e a saúde da cidadanía pese a quen lle pese”, subliña o rexedor Padrón. […]

today18 abril, 2024

Actualidad

Organizacións ecoloxistas solicitan á UE que non financie a macrocelulosa de Altri

      Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace reuníronse en Bruxelas con representantes de partidos políticos para alertar do grave impacto socioambiental que carrexaría a macrocelulosa de Palas de Rei As organizacións ecoloxistas informaron tamén das consecuencias ambientais deste proxecto ás comisarias europeas do Grupo de Traballo de Recuperación e Resiliencia As tres ONG presentaron alegacións conxuntas ao proxecto de Altri e reclaman á Xunta de Galicia que prorrogue o plazo de admisión ante a incapacidade da […]

today18 abril, 2024

AD