As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade inician unha promoción en EE.UU., Canadá, Asia e países europeos
5/01/2024.- Hoxe celebrouse a primeira Asemblea do ano, presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, acompañado da alcaldesa de Santiago e vicepresidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, na que se aprobou o Plan Operativo de Turismo e o orzamento do GCPHE para 2024, que inclúe a promoción nos principais mercados emisores internacionais. Entre as novidades para este ano, destaca un espectáculo de drons nas 15 cidades para celebrar o XXX aniversario do Grupo e un concerto extraordinario […]