AD

Actualidad

4330 Resultados / Página 477 de 482

Fondo
AD

Actualidad

Localizado en el río Limia el cuerpo del nonagenario desaparecido en Porqueira

En una trágica conclusión a la búsqueda de un vecino de Porqueira (Ourense), su cuerpo fue localizado este domingo en el río Limia. Las autoridades habían estado buscando al hombre desde el pasado viernes, cuando fue reportado como desaparecido. Desde el momento en que se recibió la notificación de la desaparición, una alerta que dio la responsable de limpieza de su vivienda,  se puso en marcha un amplio operativo de búsqueda en coordinación con la Guardia Civil, los bomberos y […]

today19 noviembre, 2023

Actualidad

A instrución do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística reúne a normativa autonómica e estatal de medidas de seguridade dos locais

17/11/2023.- Esta instrución ten por obxecto establecer os criterios que debe seguir o persoal técnico do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística nos procedementos de inspección que se prevé realizar nos establecementos en que se realicen actividades incluídas no Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da comunidade autónoma de Galicia, co fin de indicar o alcance das comprobacións que deben efectuarse e dos posibles axustes á normativa vixente que se poderán requirir se é o caso, […]

today17 noviembre, 2023

Actualidad

Brión convoca a 12ª Campaña de doazón de alimentos polo Nadal

Todas as persoas e entidades que desexen colaborar poden dende hoxe facer as súas achegas nos distintos centros municipais e no supermercado Froiz de Montebalado 17 de novembro de 2023.- O Concello de Brión pon en marcha por duodécimo ano consecutivo a campaña especial de Nadal de “Brión Solidario”, unha iniciativa que busca recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio. Uns alimentos que deberán ser non perecedoiros e estar correctamente empaquetados, especialmente azucre, produtos de Nadal, conservas e […]

today17 noviembre, 2023

Actualidad

Reabre o parque infantil da Alameda con novos xogos inclusivos

17/11/2023.- O concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, visitou o espazo infantil da alameda, ubicado xunto ao Campus Sur, para proceder á súa apertura logo da remodelación integral que supuxo a incorporación de novos elementos de xogo e a renovación de pavimento, nunha aposta pola inclusividade. Con esta obra, para a que destinaron 300.000 euros, conseguiuse un parque inclusivo con xogos adaptados e destinados a idades entre 3 e 12 anos. Para a mellora deste espazo utilizáronse elementos naturais como […]

today17 noviembre, 2023

Actualidad

Ames pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Zocos e Trasnos”

Por oitavo ano consecutivo, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado presenta a campaña solidaria “Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada (os zocos e zocas) escribe pedindo un regalo concreto Os veciños e as veciñas de Ames que se apunten como “trasnos e trasnas” actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese […]

today17 noviembre, 2023

Actualidad

Detectados 11 novos focos de enfermidade hemorráxica nas catro provincias galegas

A Xunta vén de declarar 11 novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en Galicia, noutras tantas comarcas veterinarias de Galicia. En concreto, son cinco novos focos de EHE na provincia da Coruña, nos concellos de Aranga (comarca veterinaria de Teixeiro), Arzúa (comarca veterinaria de Arzúa), Cerdido (comarca veterinaria de Ortegal), Santiago (comarca veterinaria de Santiago) e Santiso (comarca veterinaria de Terra de Melide). Tres novos focos na provincia de Lugo, nos concellos de Ourol (comarca veterinaria da Mariña Occidental), […]

today16 noviembre, 2023

Actualidad

Os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga a partir deste venres

Os Bonos Corazón poderánse descargar a partir das 9.30 horas de mañá, 17 de novembro, a través da web bonoscorazoncompostela.gal. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou os detalles da nova convocatoria, á que se destina un orzamento de 433.000 euros. A principal novidade é que nesta ocasión só haberá bonos de 50 euros, e cada persoa poderá adquirir un máximo de tres. Como en edicións anteriores, o Concello achegará o 40% do importe […]

today16 noviembre, 2023

Actualidad

250 estudantes do CPI Cernadas de Castro de Lousame lanzaron os seus peóns e bailaretes

16 de novembro de 2023.- Á terceira foi a vencida e, tras dúas convocatorias adiadas polo mal tempo, o sol fixo acto de presenza esta mañá e permitiu a celebración do XVII Día do Peón, que organiza a asociación Brinquedia e que esta ano contou coa colaboración do Concello de Lousame e do CPI Cernadas de Castro. Así, ao grito de “polo San Martiño, peóns ao camiño” un total de 252 nenos e nenas, de entre os 3 e os […]

today16 noviembre, 2023

Actualidad

Verea esixe ao BNG a retirada inmediata da Instrución contra a hostalería

O líder popular insistiu en que os nacionalistas están poñendo na diana a todos os restaurantes, bares e cafeterías como "presuntos delincuentes que requiren unha vixiancia especial". Desta maneira, salientou, “saltan polos aires os principios de igualidade e legalidade e deixa nas mans dos políticos nacionalistas cando queren pechar un local, ou cando e qué obras lles obriga a facer”. O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, pediu hoxe ao goberno do BNG que retire a Instrución contra […]

today16 noviembre, 2023

AD