AD

Actualidad

4344 Resultados / Página 55 de 483

Fondo
AD

Actualidad

Instalan unha pasarela sobre a SC-20 para avanzar na senda ciclista entre Milladoiro e a intermodal

A instalación dunha pasarela sobre o punto de incorporación ao periférico (SC-20) desde a AP-9 e a autovía de Brión (AG-56) supón un paso clave para desbloquear o proxecto da senda ciclista que conectará O Milladoiro coa estación intermodal de Santiago. A estrutura foi colocada este xoves, tres semanas despois de que o Consello da Xunta aprobase a modificación do trazado para evitar a afección ao entorno histórico do Banquete de Conxo. Os traballos obrigaron a cortar o tráfico entre […]

today12 marzo, 2026

Actualidad

Fallece Antón Louro, exdiputado socialista y exdelegado del Gobierno en Galicia

El político socialista Antón Louro Goyanes ha fallecido en las últimas horas a los 73 años. A lo largo de su trayectoria ocupó diferentes responsabilidades institucionales y orgánicas dentro del PSdeG, tanto en el ámbito autonómico como en el estatal. Nacido en Pontevedra, Louro era licenciado en Ciencias Químicas por la Universidade de Santiago de Compostela. Antes de dedicarse plenamente a la política trabajó como profesor, etapa previa a su incorporación a la vida pública a finales de los años […]

today12 marzo, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia dous meses de inacción do goberno de Sanmartín tras o desprendemento na rúa Berlín

Marta Abal advirte de que as medidas adoptadas polo goberno da señora Sanmartín son “claramente insuficientes” e non garanten a seguridade. A concelleira socialista pregunta “que ten que pasar” para que o Concello actúe e evite novos desprendementos. Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a inacción do goberno da señora Sanmartín tras o desprendemento producido a mediados de xaneiro na intersección da rúa Berlín coa rúa Lisboa, cando as […]

today12 marzo, 2026

Actualidad

ALCER instala unha carpa informativa no Toural para sensibilizar sobre a saúde renal

Hoxe, 12 de marzo, celébrase o Día Mundial do Ril, unha xornada dedicada a concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar a saúde renal e previr a enfermidade renal crónica. Con este motivo, a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril, ALCER Coruña, organiza en Santiago de Compostela unha acción informativa e de sensibilización aberta ao público. A iniciativa desenvolverase na Praza do Toural entre as 11:00 e as 18:00 horas, onde se instalará unha carpa informativa […]

today12 marzo, 2026

Actualidad

A banda de Boiro Agoraphobia presentará o seu novo disco ‘Kamikaze’ en ExpoROCK Festival

A vocalista Susana Saavedra asegura que o novo traballo da banda nace sen presións nin expectativas e reivindica a liberdade creativa tras anos sen publicar material. Kamikaze chegará tamén aos escenarios en festivais como o ExpoROCK Festival, que se celebrará o 14 de marzo en A Coruña A banda galega Agoraphobia volve á primeira liña coa publicación de Kamikaze, un disco que marca unha nova etapa creativa para o grupo do Barbanza. Nunha entrevista recente, a súa vocalista, Susana Saavedra, […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

PSdeG: «Declarar Santiago zona tensionada non resolverá por si soa o problema da vivenda»

Marta Abal advirte de que declarar Santiago zona tensionada non resolverá por si soa o problema da vivenda e insiste na necesidade de medidas complementarias. A concelleira socialista alerta de que en Santiago “non hai vivenda para alugar a prezos accesibles” e reclama actuar xa sobre o parque de vivenda baleira. As e os socialistas denuncian a falta de ambición nas políticas de vivenda e esixen á Xunta e ao Concello actuar con máis decisión e coordinación. Santiago de Compostela, […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

O PP denuncia tres anos de “inacción” do goberno de Santiago en materia de vivenda

O popular avogou por “establecer incentivos fiscais municipais para quen rehabilite inmobles destinados a residencia habitual; bonificacións vinculadas ao alugueiro estable e de longa duración; axilización real de licenzas urbanísticas, reducindo prazos e simplificando trámites; e colaboración coa Xunta e o Estado”; entre outras medidas. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, acusou hoxe, en rolda de prensa, ao goberno de BNG e CA de “incapacidade total para resolver o problema da vivenda, ante a súa inacción, […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

BNG chama a recuperar os nomes e apelidos na súa forma orixinal galega

Esta acción forma parte da campaña “Pronúnciate!” que vén desenvolvendo a nível nacional O BNG de Compostela reunirase ás 12:30 h deste xoves, día 12 de marzo, diante dos xulgados de Fontiñas para facer un chamamento a todas as persoas que queiran recuperar os seus nomes e apelidos na súa forma galega. O acto, que reunirá militancia e simpatizantes, e ao que se achegará a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, busca loitar contra a deturpación de nomes e apelidos […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas

O concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña entregará os seus premios o luns 16 de marzo no Auditorio de Galicia. Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Compostela, continúa a consolidar o seu éxito de participación e consumo. Nesta edición superáronse as 33.000 tapas vendidas, unha cifra que supón un incremento do 10% respecto ao ano anterior e confirma a boa acollida do público e a implicación dos establecementos participantes. O número de tapas vendidas nesta edición sitúase […]

today11 marzo, 2026

AD