AD

Arte y Cultura

737 Resultados / Página 65 de 82

Fondo
AD

Actualidad

A riqueza organística de Compostela volve agromar en marzo co ciclo ‘De Lugares e Órganos’

      13/03/2024 Do 24 ao 31 de marzo, este programa promovido pola Concellaría de Capital Cultural ofrecerá seis concertos ao vivo e outras actividades como danza, cinema, conversas, itinerarios e exposicións fotográficas. A igrexa de San Paio de Antealtares, a igrexa de Santa Clara, a capela das Ánimas, a igrexa de San Miguel dos Agros e a igrexa da Universidade acollerán os concertos desta edición. Do 24 ao 31 de marzo, a novena edición do ciclo ‘De Lugares e […]

today14 marzo, 2024

Actualidad

Touro acolle este sábado o XV Festival galego de Teatro Escolar

      Esta mañá presentouse no Salón de Plenos do Concello de Touro o XV FESTIVAL GALEGO DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO que se celebrará o sábado, 16 de marzo, nas rúas desta localidade e na Casa de Cultura. Este evento está organizado pola ANPA do CPI Fonte Díaz de Touro e conta coa colaboración do Concello de Touro, A Asociación Cultural A Pinguela de Bama, a Banda de Música Isabel II de Touro e o grupo Setepontes. Na […]

today13 marzo, 2024

Actualidad

Celtas Cortos, Fillas de Cassandra e La Misión, nas Festas da Pascua de Padrón

      A figura do mestre e incansable colaborador na organización da Pascua destaca na ilustración deseñada por Alfonso Blanco O alcalde Anxo Arca resalta que “a xenerosidade de Casasnovas, a súa humildade e o seu espírito altruísta son un exemplo a seguir” “Presentamos unha programación diversa, para todas as idades, libre de violencia e que pon en valor a música galega”, di a concelleira Chus Campos O alcalde de Vigo, Abel Caballero, será o pregoeiro dunhas festas nas […]

today12 marzo, 2024

Actualidad

O talento multidisciplinar de doce mulleres chega á Galería Besibé de Compostela

    Entrevista a Paula Bruni, responsable da galería Besibé e artista plástica, en Radio Líder Santiago. “Cheas de razón/s” é unha exposición que se inaugurará o 9 de marzo na galería Besibe en Santiago de Compostela para conmemorar o Día Internacional da Muller. Doce mulleres de diferentes disciplinas amosan a súa obra en rede /conectada /coordinada. Deseñadoras de moda, taberneira, ourive, escultora, sombrereira, artista plástica, fotógrafa, monologuista, reposteira, comunicadora, ... todas elas colaboran, en rede nesta exposición que amosa […]

today8 marzo, 2024

Actualidad

EASD Mestre Mateo, descubrindo, formando e potenciando o talento galego

    O Museo Gaiás na Cidade da Cultura acollía hai poucos días o Desfile Despunte organizado pola Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo, o que asistiu o alumnado, profesorado e distintos representantes da industria, xunto a unhas 500 persoas de público. Ao longo das súas 13 edicións, Despunte foi medrando e evolucionando cara o actual formato de Gala, que estivo conducida por Diana Nogueira. Neste ano, ademais, o público tivo a oportunidade de ver unha exposición […]

today7 marzo, 2024

Actualidad

Ames será sede dunha xornada do Festival Internacional de Danza “Abanea”

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta semana unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura. A xuntanza estivo presidida polo alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, e pola técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez. Participaron un total de 23 asociacións, representantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e maila directora da EMMA, Pilar Martínez       Os temas máis importantes que se abordaron foron a elección dos 11 vogais membros […]

today7 marzo, 2024

Actualidad

O actor compostelán Diego Anido, Premio de interpretación Maruxa Villanueva

      O xurado, presidido polo alcalde, destaca a capacidade do galardoado para innovar e construír novas linguaxes teatrais Valora tamén a súa dilatada traxectoria como actor no teatro de obxectos e físico Fíxase no seu traballo en ‘O deus do pop’, obra individual que tamén escribiu e dirixe Padrón. 6-3-2024.- O actor compostelán Diego Anido converteuse hoxe no gañador da 23ª edición do Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva que outorga o Concello de Padrón. O xurado, presidido […]

today6 marzo, 2024

Actualidad

A libraría compostelá Lila de Lilith, premio ao mellor escaparate co gallo do Día de Rosalía

      Catorce librarías de toda Galicia participaron no certame. O xurado valorou a creatividade e luminosidade da composición da libraría compostelá, que auna obras da autora, gráficas e mensaxes directas ao colectivo lector. A Coruña, mércores 6 de marzo de 2024.- A libraría compostelá Llia de Lilith resultou ser este ano a gañadora do certame de escaparatismo que a Federación de Librarías de Galicia convoca cada ano no aniversario do Día de Rosalía de Castro. Neste 2024 foron […]

today6 marzo, 2024

Actualidad

Padrón convoca a edición número 34 do Premio Literario Camilo José Cela

      Padrón.06-03-2024.- O Concello de Padrón lanza a convocatoria para a edición número 34 do Premio Literario Camilo José Cela, dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa para a obra gañadora. O certame, un dos máis consolidados de todo o Estado e que cada ano conta con maior número de exemplares presentados, tivo como último vencedor ao escritor bilbaíno Iñaki Túrnez pola súa obra ‘Divina Apostasía’. As persoas que desexen participar neste 2024 deben enviar obras orixinais […]

today6 marzo, 2024

AD