Falece o condutor dun camión na AP-53, en Vedra
Un home perdeu a vida este venres tras sufrir un accidente de tráfico coa súa cabeza tractora na AP-53, ao paso polo concello de Vedra. O sinistro produciuse á altura do quilómetro 14,5, na parroquia de San Mamede de Ribadulla. Ata o lugar mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, ademais dunha ambulancia do 061. Porén, a pesar dos esforzos dos equipos sanitarios, que lle practicaron manobras de reanimación cardiopulmonar no lugar do accidente, non foi posible […]