AD

Fala que Fala

30 Resultados / Página 3 de 4

Fondo
AD

Destacado

‘Fala que Fala’ regresa para darlle voz ao galego entre a mocidade

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025 – Tras o éxito acadado na súa primeira edición, o proxecto educativo Fala que Fala, promovido por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, regresa cunha nova edición que aposta pola innovación e o aumento da participación. A iniciativa combina radio escolar, redes sociais e dinamización lingüística como ferramentas para achegar a lingua galega á mocidade dun xeito creativo, moderno e participativo. Dirixido ao alumnado da ESO […]

today26 septiembre, 2025

Destacado

Fala que Fala xunta en Compostela a máis de 300 mozos para poñer en valor o galego

  O Secretario Xeral da Lingua, Valentín García confirma a continuidade do proxecto no curso 2025-2026 tras o éxito da súa primeira edición Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025 – A Cidade da Cultura acolleu este martes a gala de clausura da primeira edición do programa radiofónico Fala que Fala, unha iniciativa organizada por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia que reuniu a máis de 300 estudantes de seis centros educativos […]

today10 junio, 2025

Educación

A mocidade celebra o galego en grande: a Cidade da Cultura acolle a gala final do proxecto «Fala que Fala»

Máis de 300 estudantes de seis centros educativos galegos participarán mañá, martes 10 de xuño, na gran festa de clausura de Fala Que Fala, organizada por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua. A primeira tempada do proxecto educativo e multimedia Fala que Fala chegará á súa fin mañá cunha gran gala do galego no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, que comezará ás 11.00 horas. O evento reunirá a máis de 300 alumnas e alumnos de 1º […]

today9 junio, 2025

Destacado

Fala que Fala visita este martes o IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa

O proxecto educativo Fala que Fala, impulsado por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, chega mañá martes ao IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. O programa emitirase en directo das 10:00 ás 12:00 horas, cun formato dinámico e participativo que busca achegar o galego á mocidade a través da radio. O alumnado de 1º e 2º da ESO terá como convidado a Nolo Chazo, director da Escola de Artes Caliveras, músico e socio da Taberna Cultural A Cofradía. A súa traxectoria no eido cultural e artístico […]

today2 junio, 2025

Actualidad

O CPR Vila de Arenteiro acolle este xoves unha nova edición do programa “Fala que Fala”

O proxecto educativo Fala que Fala, impulsado por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, fai parada este xoves no CPR Plurilingüe Vila de Arenteiro, en O Carballiño. Alí emitiranse en directo (10:00 a 12:00) os contidos deste quinto programa da tempada, cun formato participativo e multimedia que aposta por achegar o galego á mocidade a través da radio. A convidada escollida polo alumnado de 1º e 2º da ESO para a entrevista principal será a pulpeira carballiñesa […]

today13 mayo, 2025 2

Actualidad

O IES Ordes e García MC, protagonistas este mércores do programa “Fala que Fala”

  Este mércores será a quenda do IES Ordes no programa educativo “Fala que Fala”, unha iniciativa impulsada por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua para fomentar o uso do galego entre o alumnado da ESO. O espazo emitirase en directo dende o centro de ensino e contará cun protagonista moi especial: o rapeiro galego García MC, elixido polo propio alumnado de 1º e 2º da ESO para ser entrevistado. Con máis de 25 anos de traxectoria, […]

today29 abril, 2025

Actualidad

O alcalde da Estrada, escollido polos alumnos do García Barros como entrevistado no “Fala que fala”

  Gonzalo Louzao regresa ao que foi o seu instituto e sométese ás preguntas do alumnado no espazo radiofónico co que Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, promove o uso do galego. O rexedor recoñeceu que foi nestas aulas onde medrou a súa vocación pola política. A Estrada, 9 de abril de 2025.- O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, regresou esta mañá ás aulas do que foi o seu instituto, o IES Manuel García Barros. O […]

today9 abril, 2025 3

Actualidad

«Fala que Fala» continúa a súa ruta e chega este mércores ao IES Manuel García Barros da Estrada

Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, continúa coa emisión do programa educativo «Fala que Fala», unha iniciativa que leva a radio en directo aos centros de ensino para fomentar o uso do galego entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. Este mércores será a quenda do IES Manuel García Barros da Estrada, onde o programa emitirase en directo de 10.00 a 12.00 horas. O espazo contará con dous convidados especiais: Valentín García, secretario xeral da […]

today7 abril, 2025

Actualidad

Miguel Mandayo, convidado do programa “Fala que Fala” este xoves no Liceo La Paz

O popular influencer galego Miguel Mandayo, coñecido pola súa enerxía e carisma en redes sociais, estará este xoves no programa “Fala que Fala”, que se emitirá en directo desde o CPR Plurilingüe Liceo La Paz, na Coruña. O programa educativo e multimedia “Fala que Fala”, impulsado por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, busca fomentar o uso do galego entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. Como parte da experiencia, os e as participantes escollen […]

today19 marzo, 2025 3

AD