AD

Sociedad

1303 Resultados / Página 100 de 145

Fondo
AD

Actualidad

A USC abre o prazo para solicitar aloxamento nas súas residencias

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo para solicitar aloxamento nas súas residencias para o próximo curso. A oferta mantense igual que o curso pasado, con 910 prazas dispoñibles, e continúa o mesmo sistema de prezos, establecido en función da renda persoal dispoñible segundo as condicións que determina a convocatoria. O prazo para formalizar as solicitudes estará aberto ata as 14:00 horas do 27 de xuño, e as estadías poderán estenderse dende o 6 de setembro ata o […]

today29 mayo, 2024

Actualidad

’50 anos aló’ en San Martiño Pinario: esta é a programación

A Asociación Cultural San Martiño Pinario de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro 1 de xuño a décima edición da súa festa temática dos anos 70. Este evento converteuse nunha tradición anual que ofrece unha ampla variedade de actividades para todas as idades, e este ano non será a excepción cunha programación chea de música, xogos e diversión. A xornada comezará ás 11:30 horas cunha "Quedada de debuxo na Festa", onde os asistentes poderán plasmar a súa creatividade en papel […]

today29 mayo, 2024

Actualidad

Pacientes oncolóxicos do CHUS denuncian de novo «demoras» e «condicións inaceptables»

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS tivo coñecemento, a través de C.Q.N., filla e acompañante dunha paciente de cancro dende o ano 2011, da situación de colapso do servizo do Hospital de Día Oncólóxico do CHUS. “Persoalmente acompaño a miña nai a este servizo dende o ano 2011. Desde ese momento, o único que aumentaron foron en centos o número de doentes, pero non ocorreu así co persoal sanitario. Sen ir máis lonxe, esta mesma semana a xente […]

today28 mayo, 2024

Actualidad

A Corporación municipal de Santiago súmase ao apoio ás persoas afectadas pola ELA

28/05/2024 O Pleno do Concello aprobará o vindeiro xoves 30, na sesión ordinaria do mes de maio, unha declaración institucional subscrita por todos os grupos municipais en apoio ás persoas afectadas pola Esclerosis Lateral Amiotrófica que busca impulsar a tramitación da proposición da Lei ELA. Os catro grupos municipais aprobarán o vindeiro xoves esta declaración na que instan á tramitación desta proposición para que "as persoas afectadas por esta cruel doenza, as familiares e as coidadoras, sexan amparadas, en igualdade de […]

today28 mayo, 2024

Actualidad

«A manifestación contra Altri foi a máis importante da historia do rural en Galicia»

O pasado domingo 26 de maio, tivo lugar unha manifestación histórica no concello lucense de Palas de Rei, organizada por diversas plataformas veciñais e ecoloxistas. Xosé Gontá, portavoz do colectivo A Ulla Viva, describiu a manifestación como "a máis importante celebrada no rural galego en toda a historia". Segundo os organizadores a cifra de participantes foi dunhas 20.000 persoas, mentres algúns medios, citando a outras fontes, contaron 4.000. Gontá asegura que debido as colas de coches, houbo persoas que chegaron […]

today27 mayo, 2024

Actualidad

Un dispositivo de 230 axentes controlará a seguridade en «O Son do Camiño»

Foto: Javier Bragado 27/05/2024 O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade para coordinar o dispositivo con motivo da celebración do Son do Camiño, festival que se celebrará do 30 de maio ao 1 de xuño en Santiago e ao que está previsto que acudan máis de 40.000 persoas cada día. As administracións implicadas actuarán de forma conxunta con medidas especias que se aplicarán tanto nos controis de acceso e no interior do recinto, como […]

today27 mayo, 2024

Actualidad

O programa Concilia Verán de Padrón oferta máis prazas e amplía o seu horario

O goberno local renovou este servizo co obxectivo de facilitar a vida laboral e familiar das familias En total ofrécense 55 prazas do 1 ao 31 de xullo de 8.00 a 15.00 horas O prazo de inscrición estará aberto do luns 10 ao venres 14 de xuño Padrón. 27-05-2024.- O Concello de Padrón, a través da concellería de Servizos Sociais, organiza unha nova e renovada edición do programa Concilia Verán no que se amplía o horario e as prazas do […]

today27 mayo, 2024

Actualidad

Preto de 500 persoas celebraron as vodas de prata da Festa dos Maiores de Frades

27 de maio de 2024.- Preto de cincocentas persoas, veciños e veciñas de Frades de máis de 60 anos, participaron na XXV Festa dos Nosos Maiores, que tivo lugar este sábado na carballeira de San Nicolao. Unha celebración que estivo presidida polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, á fronte da corporación municipal, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños. A XXV Festa dos Nosos Maiores comezou coa tradicional misa das 13:30 […]

today27 mayo, 2024

Actualidad

A Feira Medieval animará Padrón do 5 ao 7 de xullo con moitos postos, música e obradoiros

Haberá espectáculo de lume o sábado, actividades para a cativada e xogos populares para todas as idades • O alcalde e a concelleira de festexos presentaron o cartel da décimo sétima edición Postos de artesanía, obradoiros de oficios para todas as idades, moita música e un espectáculo de lume, son algúns dos atractivos da Feira Medieval que encherá de cor as rúas de Padrón o primeiro fin de semana de xullo. Dende as sete da tarde do venres día 5 […]

today26 mayo, 2024

AD