AD

Comarca

Catro membros de Protección Civil de Val do Dubra únense aos equipos que actúan Valencia

today4 noviembre, 2024

Background
share close
AD

En resposta ao chamamento realizado para prestar asistencia de emerxencia na Comunidade Valenciana, catro voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra partiron este luns 4 de novembro para unirse ás operacións de axuda nas zonas afectadas, concretamente no Concello de Moncada.

Os voluntarios, capacitados en intervencións de emerxencia, responderon á solicitude de recursos humanos para apoiar ás infraestruturas de rescate e recuperación nas áreas prexudicadas.

Os membros de Protección Civil de Val do Dubra que se desprazan nun todoterreo pickup con carro de emerxencias e nunha furgoneta, van no convoi que sae de Galicia e levan consigo o equipamento necesario para realizar labores de limpeza e reconstrución: bombas de achique, motoserras, anciños, cepillos, pas —entre outras ferramentas, ademais de mascarillas para nenos e adultos—.

A colaboración destes voluntarios demostra o compromiso solidario de Val do Dubra coas necesidades doutros territorios.

Ao mesmo tempo, o Concello de Val do Dubra, celebrou hoxe unha xunta de voceiros urxente, presidida polo alcalde e na que participou o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra, na que se compartiu toda a información da saída á Corporación e se acordou a disposición dos recursos para a mesma.

En dita xuntanza, expresouse a solidariedade coas vítimas da catástrofe así como o agradecemento pola dispoñibilidade dos voluntarios nestas tarefas en nome de toda a Corporación e veciñanza dubresa.

Tamén se acordou quedar a espera de posteriores accións, como o envío de material ou alimentos, para cando as autoridades valencianas o precisen e requiran.

Polo momento, segundo as indicacións dos responsables de distribución en terreo, a prioridade é a axuda humana nas labores de limpeza e reconstrución xa que hai problemas de loxística e almacenamento de materiais e alimentación ao estar os espazos saturados.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%