AD

Actualidad

Chaián celebra este domingo a XLVIII Festa do Escalo

today19 julio, 2024

Fondo
share close
AD

Este venres, en Radio Líder Santiago, falamos con David Ríos, presidente de A Venatoria Santiago, para coñecer de primeira man os actos previstos para a celebración desta popular festa. Durante a entrevista, Ríos defendeu a importancia de protexer e potenciar o río Tambre, e resaltou a necesidade de restablecer a conexión en autobús entre Chaián e o centro da cidade, tal e como existía anos atrás. Esta medida, segundo Ríos, axudaría a desconxestionar o casco histórico, especialmente durante os meses de verán.

A Venatoria é unha entidade deportiva sen ánimo de lucro fundada no ano 1932. A sociedade chegou a administrar e xestionar a caza nos concellos de Santiago, Trazo, O Pino, Oroso, Val do Dubra e Boqueixón mediante a figura de «Zona de Caza Controlada». Na década dos 70, como Entidade Colaboradora de Pesca, a administración (naquel entón o ICONA) concedeu á Venatoria a xestión do Couto de Pesca de Chaián no río Tambre.

A Festa do Escalo de Chaián, que se celebra desde hai preto de 50 anos, está incluída no programa das Festas do Apóstolo 2024 grazas ao apoio do Concello de Santiago. Esta celebración destaca polo seu tradicional concurso de pesca de ciprínidos, organizado pola Sociedade de Caza e Pesca «A Venatoria» de Santiago, que se desenvolverá no acoutado de Chaián, no río Tambre. O concurso, que tamén conta co respaldo dos Concello de Trazo, dará comezo o vindeiro domingo ás 08:15 horas e rematará ás 13:30 horas coa pesaxe das capturas e a entrega dos trofeos ás 13:45 horas.

Ademais do concurso de pesca, o programa da xornada inclúe o IV Campionato da Chave, que terá lugar ás 11:00 horas. A sesión vermú das 14:30 horas estará amenizada pola orquestra Suavecito, e ás 15:00 horas comezará a comida popular. O tardeo dará comezo ás 18:00 horas coa animación dun DJ, e a partir das 21:00 horas, a verbena será amenizada novamente pola orquestra Suavecito.

 

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Cartel da programación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%