Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 octubre, 2024
Este sábado 19 de outubro, a localide teense de Calo acollerá unha Gran Foliada, un evento que nace con vocación de convertirse nunha cita imprescindible para os amantes da música tradicional galega. Organizada polas empresas locais Pinturas Neaka e La Ideal, en colaboración coa Comisión de Festas de San Xoán de Calo, esta foliada promete ser un auténtico espectáculo cultural, con 19 agrupacións de toda Galicia e unha gran variedade de actividades e sorteos para todas as idades.
O evento celebrarase no pavillón municipal de Calo, a partir das 20:00 horas, e contará con actuacións musicais, sorteos e a degustación de produtos típicos e comida tradicional galega, incluíndo empanadas, callos e xamón asado. A entrada será gratuíta, e a comida será de balde para todos os asistentes, como mostra de agradecemento aos músicos que participan sen ánimo de lucro.
A organización, encabezada por Ramón «Moncho» Viqueira, representante de Pinturas Neaka, unha das empresas organizadoras, xunto a Borja Otero, presidente da asociación veciñal, e Santi Fraga, vicepresidente, levan meses traballando para garantir o éxito deste evento. Ambos destacaron a importancia de fomentar a música tradicional e o espírito comunitario da parroquia de Calo, que ano tras ano segue a ser un punto de encontro cultural e festivo.
Ademais, haberá sorteos de tres pandeiretas, un libro do escritor Pablo Seane e unha cesta de Nadal, ademais dun décimo de lotería, o que engade un toque de emoción á noite.
«Queremos que a xente marche falando ben de Calo», afirmaron os organizadores nunha entrevista en Radio Líder Santiago, convencidos de que esta será a primeira de moitas foliadas de «Champions League», como eles mesmos a describiron.
A entrevista completa no seguinte enlace.
Written by: Líder Redacción
calo cultura Entrevista galicia gran foliada musica radio lider santiago teo
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)