AD

Arte y Cultura

Chega o Entroido máis rexoubeiro e máis compostelán dos últimos anos

today24 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

Pilar Lueiro presentou o símbolo do Entroido compostelá, o Meco, que será o protagonista desta «época de diversión e irreverencia, e con moitas ganas de troula» e abrirá as festas o sábado 1 de marzo, aínda que estas se estenderán “varias semanas, pois este sábado 22 comezará en Marrozos e rematará o sábado 15 no barrio de Conxo”.

Así, o Entroido arranca oficialmente o sábado 1 de marzo co tradicional desfile do Meco, que partirá ás 20 h da praza de Cervantes acompañado polos Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño, ata chegar ao Pazo de Bendaña, onde quedará instalado ata o día 5. Dende o balcón escoitará, ao igual que todos os composteláns e compostelás que se acheguen ata a praza do Toural, o pregón de inicio das festas a cargo de Lucía e Alba, xeneralas da Ulla, dúas mozas compostelás, “que farán mofa e sátira de asuntos de carácter local sucedidos durante o ano” con “retranca e diversión van estar aseguradas», destacou PIlar Lueiro. «Coa elección das pregoeiras  tratamos de visibilizar todo o traballo que hai detrás do entroido de todo o Concello, tanto na cidade coma nas parroquias, e homenaxear a todas esas persoas que durante anos loitaron por non perder a tradición dun entroido rural que data do séc. XIX e que foi declarado no ano 2013 Festa de Interese Turística».

A concelleira recordou que ao longo de toda a fin de semama e ata o martes 4 «varias comparsas e charangas percorrerán as rúas da cidade» así como «as asociacións folclóricas da cidade, Colexiata de Sar e Brincadeira que animarán os entroidos rurais».

A cita central da xornada do domingo será o Festival Infantil de Disfraces que se celebrará na Sala Capitol e no que poderá participar calquera neno ou nena menor de 14 anos, con entrada libre e inscrición previa (entre as 16.30 h e as 17.45 h). Haberá baile, sorteo de agasallos e concurso de disfraces en tres categorías: individual, parella ou grupo. Os premios son doados por El Corte Inglés.

Martes de Entroido

O día grande do Entroido, o martes 4 de marzo, traerá o agardado desfile de Entroido, que partirá da avenida de Ferrol ás 17.30 horas. Ao remate do percorrido, os participantes concentraranse na Sala Capitol, onde a partir das 20 horas terá lugar a actuación da charanfa Ardores, e, posteriormente, a entrega dos premios do desfile. A concelleira anunciou que, como xa se fixo o ano pasado, «todos e todas as compostelás que participen e non resulten premiados van ir a un sorteo polo que percibirán unha gratificación simbólica pola súa participación».

Xa ao día seguinte, o mércores 5, Santiago despedirá o Entroido coa tradicional «comitiva fúnebre que levará o Meco dende a praza do Toural até a praza Roxa coa participación das comparsas que o levaron o propio sábado: os Conformistas, a Ruliña, os Armatroulas e a Charanga“BB+» para a súa incineración ás 21 horas. Todas as persoas que o desexen que deberán vestir rigoroso loito para a ocasión.

A programación complétase co Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla que o sábado 15 protagonizará o desfile das Xeneraliñas da Semente e co Entroido de Conxo que ofrecerá unha amplo programa de actividade ao longo de toda a xornada. O xoves 6, tamén haberá no Espazo Apego un obradoiro de chapeus de Xeneraliñas da Ulla e de atranque.

Pilar Lueiro pechou a súa intervención expresando o seu agradecemento ás «comparsas compostelás, xa non se entende o Entroido sen elas na cidade», e «ás comisión de festas e unións carnavalescas das parroquias do rural como son Marrozos, Angrois, Aríns e o Eixo pois manteñen viva a tradición e grazas ao seu traballo traballo fan que a veciñanza se divirta e goce cos seus coros, comparsas, vivas e atranques dos e das xenerais do Ulla”.

Cartaz

Este ano o deseño e a idea orixinal son obra da debuxante, pintora e ilustradora Blanca Rodríguez Millán, que ten unha fonda vinculación con Compostela. As ilustracións reflicten a identidade compostelá a través de figuras simbólicas do noso concello como os/as xenerais, as Marías ou a Berenguela que se suman con humor e atrevemento ao espírito do Entroido.

O meco 

Nesta ocasión o Meco está inspirado na presenza das redes sociais na sociedade, facendo alusión a Trump e a Elon Musk, detallou o seu creador, José Manuel Méndez que explicou que se trata do boneco número 33 que realiza para o Entroido compostelán, aínda que se cumpren 40 anos desde que o Concello decidiu apoiar a idea de incluílo nas Festas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *