AD

Actualidad

CIGAT Circular: tres anos de innovación que sitúan a Galicia na vangarda da descarbonización

today17 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular culmina o seu percorrido con fitos destacados, como o primeiro Punto de Recarga de Auga Rexenerada na comunidade galega ou a aceleración de produtos innovadores como os biofertilizantes.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025 – O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular chega á súa fin cunha xornada en A Vila da Auga, sede dos coordinadores do proxecto, Viaqua e Cetaqua, para compartir os resultados acadados durante tres anos de investigación. O evento, que reuniu representantes do sector público, educativo e empresarial, foi clausurado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.

CIGAT Circular (2022–2025), enmarcado na máxima modalidade do Programa de Unidades Mixtas de Investigación da Xunta de Galicia, e continuador das unidades mixtas CIGAT (2015-2018) e CIGAT Biofactoría (2018-2021), contou cun investimento de 3,5 millóns de euros e xerou máis de 10 empregos cualificados. Durante o seu desenvolvemento, rexistráronse tres patentes internacionais, consolidando o proxecto como un laboratorio de innovación aplicada que transforma residuos en recursos de alto valor e promove un modelo de desenvolvemento sostible en Galicia.

O acto, inaugurado por Nicolás Esmorís, director executivo de Viaqua, contou coa intervención de Leticia Rodríguez, xerente de Cetaqua Galicia, e Celia Castro, responsable da área de Resíduo Cero e Descarbonización de Cetaqua, que presentaron os fitos máis relevantes de CIGAT Circular, entre eles a instalación do primeiro Punto de Recarga de Auga Rexenerada na comunidade galega, AQUARGA, situado na ecofactoría de Ourense, que permite reducir até un 60% a pegada hídrica, así como a aceleración de produtos innovadores como biofertilizantes, a EcoCelulosa e os biocompostos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *