AD

Actualidad

Cineuropa estrea ‘7291’, o documental sobre as mortes nas residencias durante a pandemia

today8 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

O documental volve ao xuño de 2020, cando se inicia na Asemblea de Madrid unha Comisión de Investigación sobre as persoas falecidas durante a primeira onda da pandemia do covid-19 nas residencias de maiores da Comunidade Autónoma de Madrid (CAM). Segundo datos da CAM, nos meses de marzo e abril do 2020 morreron 9470 persoas que vivían nestas residencias. Só 2179 delas recibiron atención hospitalaria e 7291 non tiveron derivación a centros de saúde.

No 2021, a Presidenta da CAM, Isabel Díaz Ayuso, convoca novas eleccións. A nova maioría da Asemblea de Madrid decide non continuar cos traballos desa Comisión. En consecuencia, as figuras políticas responsables desa xestión xa non se ven na obriga de declarar e a investigación queda inconclusa.

En setembro do 2023, asociacións de persoas afectadas promoven unha Comisión Cidadá, presidida polo xurista José Antonio Martín Pallín, para continuar coa investigación sobre o acontecido nas residencias de maiores da CAM. Do goberno da CAM no 2020 só declarou Alberto Reyero, exconselleiro de Políticas Sociais.

O director Juanjo Castro reúne no filme imaxes das comisións de investigación, testemuños de familiares, persoal de traballo, figuras políticas e xornalistas. Un labor de investigación que dá visibilidade ao acontecido nestas residencia e aborda os coñecidos como “protocolos de vergoña”.

Non será o único documental do primeiro fin de semana de Cineuropa. O filme Apocalypse in the tropics, dirixido pola documentalista brasileira Petra Costa, nominada aos Premios Óscar co seu anterior traballo Democracia em vertigem, investiga agora sobre o control cada vez máis poderoso dos líderes relixiosos sobre a política en Brasil.

Tamén na programación destes primeiros días hai lugar para a ficción con filmes como En la alcoba del Sultán, de Javier Rebollo. A película protagonizada por Pilar López de Ayala mira cara ás orixes mitolóxicas do cinema. Ou Polvo serán, de Carlos Marqués-Marcet, gañadora da Espiga de Prata á

mellor película na pasada edición de Seminci, unha historia sobre o suicidio asistido protagonizada por Ángela Molina.

Títulos de autores internacionais como a francesa Cent Mille Milliards, de Virgil Vernier, seleccionada en Locarno; a estadounidense The three faces of Eve, de Nunnally Johnson protagonizada por Joanne Woodward; a chinesa Gou Zhen, de Guan Hu, premiada en Cannes e en Seminci, e traballos de cineastas de Galicia como As Neves, de Sonia Méndez; O frío, de Carlos Dopazo; Barxacova, de Rosa Taboada; Segunda II de Anita Pico e Aquarium de Margherita Morello.

Tras a inauguración deste xoves, a 38ª edición de Cineuropa programa máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas. Un programa que recolle os títulos máis destacados dos circuítos cinematográficos europeo e internacional, nun auténtico crisol de olladas e procedencias e que ten como pano de fondo a reflexión sobre a democracia e as súas representacións na pantalla, e que agroma baixo o lema ‘O corazón do cinema é a liberdade’. Ao remate da xornada inaugural, máis de 300 persoas compraran xa o bono para asitir aos filmes propostos nesta edición.

Coloquios e asistentes previstos na fin de semana

Venres 8 de novembro

18h no Salón Teatro. Programa curtas galegas:

  • Aquarium. Coloquio coa directora Margherita Morello.
  • Barxacova. Coloquio coa directora Rosa Taboada, o actor Alfonso Míguez e o guionista Xosé Gallego.
  • O frío. Coloquio do director Pablo Dopazo e a productora Anna Kulyk.

20.30h no Teatro Principal. En la alcoba del Sultán, coloquio co director Javier Rebollo.

Sábado 9 de novembro

16h no Salón Teatro. As Neves, coloquio coa directora Sonia Méndez.

19h en Numax. En la alcoba del Sultán, coloquio co director Javier Rebollo.

Domingo 10 de novembro

17.30h no Salón Teatro. 7291, coloquio co director Juanjo Castro.

18h en Numax. Programa curtas galegas:

  • A fotografía velada é o espazo para unha proposta de memoria. Coloquio coa directora Sabela Eiriz.
  • Taquión. Coloquio co director Miguel Barcia.
  • Arde aral. Coloquio do director Alberte Pagán.

20.30h no Auditorio de Galicia. A savana e a montanha. Coloquio co director Paulo Carneiro.

Cineuropa 38

Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña. Na súa 38ª edición conta tamén co apoio do Instituto Camões, o Festival Internacional de Cine de Xixón, o festival Artekino e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais alén de diversos patrocinios de empresas e entidades da contorna de Compostela.

Sedes do festival e información práctica

O Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia, NUMAX, e a Zona C abeirarán as proxeccións e actividades desta edición. As entradas e bonos estarán á venda a partir deste mesmo martes 6 no despacho de billetes da Zona C e na web compostelacultura.gal

Apoios e colaboracións

Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña. Na súa 38ª edición conta tamén co apoio do Instituto Camões, o Festival Internacional de Cine de Xixón, o festival Artekino e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais alén de diversos patrocinios de empresas e entidades da contorna de Compostela.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%