AD

Actualidad

Clubs e usuarios, prexudicados pola falta de reapertura de Santa Isabel

today25 marzo, 2026

Fondo
share close
AD
  • Marta Abal critica os anuncios “sen cumprir prazos” e advirte dos prexuízos para clubs e persoas usuarias.
  • A concelleira socialista reclama explicacións e a reapertura inmediata dun equipamento deportivo clave para Santiago.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou o incumprimento do Goberno da señora Sanmartín coa reapertura do pavillón de Santa Isabel, que continúa pechado “máis dun mes despois” do anuncio realizado polo executivo local.

Abal lembrou que a alcaldesa anunciou en febreiro a reapertura da instalación, xerando “expectativas que a día de hoxe non se cumpriron”, mentres o pavillón segue sen data clara de apertura.

A concelleira socialista advertiu de que esta situación está a provocar “importantes prexuízos” tanto para os clubs como para as persoas usuarias, que continúan sufrindo atrasos, cambios e unha “total falta de certezas” á hora de organizar a súa actividade.

Neste sentido, Abal criticou que o Goberno de Sanmartín non pode “limitarse a facer anuncios sen garantir o cumprimento dos prazos” e asegurou que o ocorrido evidencia “unha clara falla de xestión”.

A concelleira subliñou que o pavillón de Santa Isabel é un equipamento “fundamental para a cidade” e advertiu de que a situación actual está a afectar directamente ao tecido deportivo compostelán.

Por iso, reclamou ao executivo local explicacións inmediatas e unha solución urxente: “Santiago precisa feitos, non propaganda”.

Finalmente, Abal insistiu en que os clubs e a cidadanía “merecen certezas” e esixiu a reapertura do pavillón “sen máis demoras”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *