Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Tras dúas semanas de pretempada marcadas por un intenso plan de preparación física, a tempada oficial de esgrima quedou inaugurada este luns na sala das Cancelas. Os adestradores Adrián Penido, Víctor Castro e Xosé Piñeiro están ao fronte das clases, dirixindo grupos dende os 6 anos en todas as categorías.
Ademais da actividade en Santiago, os grupos iniciaron xa o seu traballo na escola de Silleda, mentres que en outubro arrancarán tamén na Estrada, nos colexios de Vite e no IES de Ames.
Como primeira cita aberta ao público, este sábado o equipo realizará unha exhibición no centro comercial As Cancelas, coincidindo coa celebración do aniversario de Celi, ofrecendo así unha oportunidade para achegar este deporte a novos participantes e curiosos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)