Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 abril, 2024
08/04/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá no acto que marca o inicio das obras do Centro de Protonterapia de Galicia no CHUS que cualificou como «un excepcional avance para a curación e mellora da calidade de vida de moitas persoas da comunidade enteira».
Durante a súa intervención, Goretti Sanmartín congratulouse polo inicio das obras deste novo equipamento «que vén reforzar a capacidade terapéutica do CHUS» e que suporá «un excepcional avance para a curación e mellora da calidade de vida de moitas persoas da comunidade enteira».
Ademais, a rexedora comprometeuse a afrontar «con responsabilidade o reto que supón contar no ámbito urbano cun centro destas características» e manifestou a «total colaboración e dispoñibilidade» desde o Concello de Santiago para que este centro «continúe desenvolvéndose e integrándose na trama urbana coa calidade e os servizos que precisa» e para traballar co resto das institucións «en prol do colectivo» como se fixo «nos séculos pasados». A rexedora tamén agradeceu á Fundación Amancio Ortega e á Xunta de Galicia a posta en marcha deste proxecto, nun acto que contou coa presenza do presidente autonómico Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o reitor da USC, Antonio López, así como representantes da Corporación municipal e doutras institucións.
No seu discurso, Goretti Sanmartín rememorou o establecemento da fundación do Hospital Real en Compostela a finais do século XV como «un fito na construción de Compostela» e un «referente no coidado das persoas e a medicina» que foi o «xerme da importancia que alcanzou a medicina na Universidade compostelá». A rexedora recordou tamén a figura do médico Ramón Baltar «que tanto loitou para que o Hospital non mudase a súa localización» e recordou que o Concello recoñecerá o seu labor a título póstumo nun acto que terá lugar este xoves 11 de abril.
Centro de Protonterapia
Cun investimento estimado duns 22 millones de euros, este proxecto da Consellería de Sanidade, arranca hoxe as súas obras no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) de man da empresa adxudicataria Copasa. O Centro de Protonterapia ofrecerá unha alternativa á radioterapia convencional para combater o cancro de forma máis localizada e menos tóxica e, ademais de Galicia, atenderá pacientes de Asturias e Castela e León. O novo centro ocuparán 3.683 metros cuadrados, además de contar con 6.075 metros cuadrados de espacios exteriores e contará cun equipo doado pola Fundación Amancio Ortega.
Written by: Líder Redacción
amancio ortega centro chus compostela prontoterapia radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)