AD

Actualidad

Comezan dez días de festa en Ames coa celebración da Madalena no Milladoiro

today1 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

Os dous núcleos principais de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, volven a celebrar un ano máis as súas festas da Madalena e da Peregrina de xeito conxunto, nunha programación que encadea 10 días seguidos de troula dende o venres 1 ata o domingo 10 de agosto

Ao longo destas 10 xornadas festivas, haberá propostas musicais para todos os públicos e gustos, nos que actuarán as mellores orquestras da verbena galega pero tamén haberá oco para os artistas e grupos emerxentes ou o pop e rock, entre outros xéneros musicais, en galego

O festival Millarock será o encargado de dar comezo ás festas na xornada de hoxe, a partir das 19.00, haberá obradoiros impartidos polo persoal da escola “A Casa do Rock”, mentres que a música comezará a partir das 22.00 horas na Travesía do Porto coas actuacións de Battosai, Ulex e Ruxe Ruxe

Ames, 1 de agosto de 2025.- Hoxe venres, 1 de agosto, darase inicio a dez días de festexos, troula e música en Ames. Por cuarto ano consecutivo, o programa “Ames en Festas”, encadea as festas da Madalena, do venres 1 ao martes 5 no Milladoiro, e as da Peregrina, do mércores 6 ao domingo 10 de agosto en Bertamiráns, formando un cartel conxunto dos dous principais núcleos poboacionais de Ames. Como va vén sendo habitual, o festival Millarock será o encargado de dar comezo ás festas. Hoxe, a partir das 19.00, no Anfiteatro, haberá obradoiros impartidos polo persoal da escola “A Casa do Rock”, mentres que a música comezará a partir das 22.00 horas na Travesía do Porto coas actuacións de Battosai, Ulex e Ruxe Ruxe. As festas do Milladoiro continuarán mañá co pregón inicial dos festexos, ás 22.30 por parte de integrantes da asociación Arcea-Adames, e, a partir das 23.00 horas comezará a música coa actuación da orquestra Os Satélites.

Os dous núcleos principais de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, volven a celebrar un ano máis as súas festas da Madalena e da Peregrina de xeito conxunto, nunha programación que encadea 10 días seguidos de troula dende o venres 1 ata o domingo 10 de agosto. “Ames en Festas” é o nome deste cartel, no que este ano colaboran o Concello de Ames, as comisións de festas da Madalena e da Peregrina e Xuventude Ames. Ao longo destas 10 xornadas festivas, haberá propostas musicais para todos os públicos e gustos, nos que actuarán as mellores orquestras da verbena galega pero tamén haberá oco para os artistas e grupos emerxentes ou o pop e rock, entre outros xéneros musicais, en galego.

Tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, as orquestras actuarán a partir das 23.00 horas, mentres que as discomóbiles ou djs comezarán a partir das 02.00 horas.

Millarock
O Millarock dará comezo un ano máis ao “Ames en Festas”. A partir das 19.00 horas o persoal da escola “A Casa do Rock” estará no Anfiteatro coa súa proposta de “Merenda Rock”, impartindo diferentes obradoiros dirixidos aos máis pequenos da casa. Contarase con varios sets de teclados, percusións ou guitarras para que a rapazada, xunto coas familias, poidan achegarse ao mundo do rock. A partir das 22.00 horas, comezará a música na Travesía do Porto coa actuación de Battosai. Arredor das 23.15 horas será a quenda de Ulex, e pechando a décimo cuarta edición do festival, ás 00.30 horas, actuarán Ruxe Ruxe.

Programación Festas da Madalena
O sábado 2 de agosto darán comezo as festas da Madalena. Os encargados de realizar o pregón inaugural deste ano, que terá lugar a partir das 22.30 horas, serán catro mozos da asociación Arcea-Adames: Martín Barreiro, Moncho Corral, José Manuel Fernández e Carlos Pais. Por outra banda, nesta xornada contarase co pasarrúas, ás 11.00 horas da Asociación Cultural Retranqueiros mentres que, ás 20.00 será a quenda de Tiralle do Aire. A orquestra Os Satélites e a disco móbil Impacto actuarán na verbena á noite.

Para o domingo 3 de agosto a banda de música de Padrón poñerá a música na procesión da Madalena, a partir das 12.30 horas. Por outra banda, haberá pasarrúas de Os Castros ás 11.00 horas, mentres que a charanga Os Atrevidos estará na quenda das 20.00 horas. A orquestra París de Noia e a disco móbil Chocolate amenizarán a noite de troula.

O luns 4 contarase cos pasarrúas de Airiños do Paseo de Colón, ás 19.30 horas, e da charanga Os Celtas, ás 20.00 horas. Xa pola noite, será a quenda da orquestra América de Vigo e maila discoteca móbil CDC. As festas da Madalena pecharanse finalmente o martes 5 de agosto coa actuación da orquestra Olympus, o DJ compostelán Kike Varela e a disco móbil CDC da man de Marcos Magán.

Programación Festas da Peregrina
Bertamiráns dará comezo ás festas da Peregrina o mércores 6 co pasarrúas, ás 19.00 horas, da charanga Compostela, mentres que á noite será a quenda da orquestra Cinema e o DJ Sergio Telmo. O xoves 7 será un dos días máis destacados, coas actuacións da orquestra Panorama e a disco móbil CDC. Nesta xornada será tamén quenda da charanga BB+, que ofrecerán un pasarrúas ás 19.00 horas.

De seguido, o venres 8 de agosto, chegará outro dos pratos fortes das festas, co concerto de Mondra no parque do Ameneiral, a partir das 21.00 horas. O teense é un dos artistas máis destacados da escena musical en galego na actualidade e está a presentar o seu último traballo “De Ronda”. Ademais, nesa xornada contarase co pasarrúas, ás 19.00 horas, da charanga Os Celtas, mentres que na verbena amenizarán a noite a orquestra Charleston Big Band e a disco móbil nova CDC visual.

Para o sábado 9 están previstos os pasarrúas de Requinta da Amaía, ás 11.00 horas, e o de Coral Lojo Batalla, ás 21.30 horas. Á noite actuará a orquestra Metrópolis e a discoteca móbil CDC.

No peche das festas da Peregrina, a orquestra Compostela será a encargada de poñer a música. Primeiro, na sesión vermú que se celebrará ás 14.00 horas, e, á noite, na verbena, que comezará a partir das 23.00 horas. Así mesmo, contarase coa actuación da banda de música de Calo ás 11.30 horas na Praza da Maía e o pasarrúas de Airiños do Paseo de Colón ás 12.00 horas. O pregón de peche terá lugar ás 22.30 horas, a cargo de Ronald Rojas, migrante de Venezuela que leva xa varios anos residindo en Bertamiráns xunto coa súa familia. Así mesmo, nesta xornada contarase

Atraccións sen ruído
As festas do Milladoiro e Bertamiráns deste ano contarán cun horario de atraccións sen ruído durante todas as xornadas festivas. Deste xeito, apóstase por realizar unhas festas máis inclusivas nas que toda a veciñanza poida gozar dos festexos. O horario das atraccións sen ruído será tódolos días de 19.00 a 21.00 horas, en ámbolos dous núcleos poboacionais. Deste xeito, as persoas con sensibilidade auditiva poderán gozar das atraccións durante as xornadas festivas.

Ademais de dita iniciativa, no Millarock, contarase con mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva. Deste xeito, dáse continuidade a unha iniciativa que se puxo en marcha no concello por primeira vez nas Prebadaladas 2024. Por outra banda, tamén se contará cunha plataforma elevada con rampla para as persoas con mobilidade reducida, creando así un espazo adaptado para garantir que estas persoas poidan gozar do evento en condicións de igualdade.

Festival Emerxente
A principal novidade do Ames en Festas deste ano é celebración no parque do Ameneiral da primeira edición do Festival Emerxente, unha iniciativa que ten como obxectivo ofrecer aos artistas mozos e emerxentes do concello, e da súa contorna, unha plataforma onde poder presentar os seus traballos en directo. A cita será o xoves 7 de agosto pola tarde e contará coas actuacións de Helena Pazos, Mr. T, Lepayitss e Komojo.

Romaría urbana
Ademais, como parte das festas da Peregrina, celebrarase a unha nova edición da Romaría Urbana, que terá lugar no parque do Ameneiral o sábado 9 de agosto. Comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo de: Tabernarias, ás 13.00 horas; Arde, ás 14.30 horas; Monoulious Dop, ás 19.30 horas; Luis Fercán, ás 21.00 horas; e, finalmente, Biribirlocke que pecharán a romaría cunha actuación ás 22.20 horas.

Ao longo de toda a xornada haberá diferentes postos para poder xantar, obradoiros, inchables para os máis pequenos e moita música en directo. A través desta iniciativa, trátase de levar a festa ao centro de Bertamiráns para que a veciñanza poida gozar desta romaría e motivando así ao consumo nos establecementos comerciais e hostaleiros da localidade.

Festa infantil
Este ano, os máis pequenos da casa terán o seu oco particular durante o “Ames en Festas 2025” coa celebración dunha festa infantil gratuíta. Esta festa desenvolverase ao longo de dúas xornadas, unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns, nas que os nenos e nenas poderán gozar de inchables, música e actividades especialmente dirixidas para eles.

No Milladoiro, a festa infantil celebrarase o martes 5 de agosto, no derradeiro día das festas da Madalena, e terá lugar na área deportiva, ao carón do paseo da Igualdade. A festa comezará arredor das 18.00 horas e finalizará sobre as 21.00 horas. Deste xeito, haberá tres tipos de inchables para os máis pequenos: un de auga, outro de percorrido e un derradeiro de saltos. Ademais, tamén se celebrará unha festa da espuma. Esta mesma xornada repetirase no parque do Ameneiral en Bertamiráns o vindeiro sábado 9 de agosto, mantendo os mesmos horarios e actividades.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *