Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 marzo, 2024
13/03/2024 O gasto medio diario dun turista coreano foi de 386 euros diarios, segundo os datos de Turespaña, máis do dobre que o o gasto medio dun turista internacional, que se situou en 177 euros
Turismo de Santiago participou os pasados 11 e 12 de marzo nunhas xornadas de comercialización directas para o mercado coreano organizadas por Turespaña. Nas xornadas, que se celebraron en Seul, paraticiparán axentes de viaxes e turoperadores procedentes do país, seleccionados previamente pola Oficina Española de Turismo de Tokio, que é a que cubre o sudeste asiático.
En concreto, Turismo de Santiago mantivo reunións con 17 representantes de empresas interesadas en traballar con Compostela como destino turístico. Un dato moi relevante das posibilidades que ten a Santiago no mercado coreano é que cinco destas persoas xa visitaron previamente a cidade.
O mercado coreano é un mercado estratéxico para desenvolver un modelo turístico baseado no aporte de maior valor engadido ao conxunto da cidade. Por unha banda, o gasto medio dos turistas coreanos é moi elevado, chegando no 2023 a 386 euros diarios, máis do dobre que a media en xeral dos turistas internacionais, que foi de 177 euros.
Por outra banda, o turismo procedente de Corea é unha ferramenta para incentivar a desestacionalización da demanda. Así, cabe destacar que nos últimos anos, exceptuando os anos da crise no sector turístico xerada polo Covid-19, Corea do Sur é un dos países con maior número de peregrinos e peregrinas durante os meses de inverno.
En concreto, nos meses de xaneiro e febreiro Corea do Sur foi o terceiro país cun maior número de Compostelas entregadas, segundo os datos da Oficina de Acollidao ao Peregrino, con 448 entre ambos meses, só tras España e Portugal. No conxunto do 2023 Corea do Sur foi o noveno país con maior número de Compostelas entregadas, con máis de 7.500.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)