AD

Actualidad

Comunicado da Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA sobre os “Seráns en Feixóo”

today11 junio, 2024

Background
share close
AD

Comunicado da Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA sobre os “Seráns en Feixóo”

“Seráns en Feixóo” son unha serie de concertos gratuítos que se celebran do 25 de maio ao 28 de xuño, segundo aparece no sitio web santiagoturismo.com, dentro do apartado da Axenda Cultural. A gratuidade non existe e o único fin dos concertos é encher as terrazas dos seus promotores.

Cando se fala de “concertos ao aire libre e para marchosos”, está claro que a contaminación acústica dunha zona saturada na que se alcanzou o máximo nivel de ruído no exterior fixado para estes espazos, vese incrementada de xeito grave, porque non estamos a falar de concertos de música clásica e sen equipos de amplificación como prescribe a ordenanza.

Estas veladas estanse a facer nunha praza de pequenas dimensións situada nunha área declarada como Ben de Interese Cultural  dentro dun Conxunto Patrimonio da Humanidade e na que o escenario sitúase diante da porta do Mosteiro de San Paio.

Pero as contradicións do Concello non paran niso, porque  o Art. 7 da vixente Ordenanza de Ruídos di que nas Zonas Saturadas, entre outras poderán adoptarse medidas como a do seu apartado d) “Prohibición de actividades que poidan ser orixe de saturación”, e neste caso, non só non se prohibe, senón que se autoriza e mesmo se lle dá publicidade.

Por se fose pouco, nas instrucións que figuran nas novas tarxetas de residentes que nos foron remitidas, dise que a saída obrigatoria da zona sur da Cidade Histórica é precisamente a Praza de Feixóo, praza que se pecha cando son os concertos.

 

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%