Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A tenda situada no lugar de A Picota, concello de Mazaricos sufriu a noite do 18 ao 19 de marzo un incendio no que afortunadamente non se produciron danos persoais.
Agradecemos o labor excepcional dos bombeiros Santa Comba e Cee, ao GES de Muros e a protección civil de Mazaricos que asistiron o incendio.
Neste momento estanse avaliando os danos materiais e investigando as causas do lume. Por estas razón a tenda da Picota permanecerá pechada, confiando en poder retomar o servizo da tenda o antes posible.
Coa excepción desta tenda, os demais servizos da cooperativa manteñen a súa actividade normal en todas as outras fábricas, tendas e sedes. Deste xeito a recollida de leite, os servizos veterinarios, servizo de penso e a produción de produtos lácteos están perfectamente garantidos.
Por último, agradecemos todas as mostras de apoio e cariño que nos están chegando dende empresas, do ámbito cooperativo, veciños… e, especialmente, á Xunta de Galicia e ao Concello e Mazaricos pola súa colaboración dende o primeiro momento.
As tendas de CLUN
CLUN conta con seis tendas distribuídas en distintos concellos de Galicia: Melide, Ordes, Ribadeo, Santa Comba, Mazaricos e Ames.
Son tendas que contan con variado catálogo: dende produtos de consumo, alimentación animal, xardinería… Son tendas creadas para dar servicio aos gandeiros socios da cooperativa e por esa razón, están situadas en zonas rurais e en concellos nos que a cooperativa conta con unha importante base social.
Written by: Líder Redacción
clun Comunicado incendio mazaricos radio lider santiago sucesos
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)