AD

Actualidad

Concentración no CEIP Monte dos Postes para esixir máis recursos de atención á diversidade

today8 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

Este luns, ás 09.00 horas, coincidindo co inicio do curso escolar, familias, profesorado e alumnado do CEIP Monte dos Postes concentráronse diante do centro educativo en Santiago de Compostela. O obxectivo da mobilización foi reclamar á Xunta de Galicia os recursos necesarios para garantir unha atención educativa de calidade e equitativa para todo o alumnado.

Segundo denuncia a comunidade educativa, a situación actual é insostible: o colexio precisa polo menos dúas mestras ou mestres máis de Pedagoxía Terapéutica (PT) e un especialista adicional en Audición e Linguaxe (AL) para atender ás necesidades específicas do alumnado con apoio educativo.

A Directiva da ANPA do CEIP Monte dos Postes alerta de que, sen estes reforzos, “está en risco unha atención axeitada e xusta para todo o alumnado”, polo que anuncian que continuarán coas mobilizacións ata que a administración autonómica ofreza unha solución.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *