Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Audiencia Provincial confirma a condena a un policía local de Santiago por ameazas a un hostaleiro
A Audiencia Provincial da Coruña, Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela, vén de confirmar a condena imposta a un axente da Policía Local de Santiago por un delito leve de ameazas contra o propietario dun establecemento de hostalería.
Os feitos remóntanse a febreiro de 2022, cando unha patrulla da Policía Local se desprazou ao exterior do local por mor dun estacionamento indebido. Durante a intervención, segundo recollen diversas testemuñas, o axente agora condenado tivo unha actitude agresiva cara ao empresario, chegando a proferir insultos e ameazas.
O Xulgado de Instrución nº 1 de Santiago impuxéralle ao axente unha multa de 40 días cunha cota diaria de 5 euros, ademais do pagamento das costas procesuais. O condenado presentou un recurso de apelación, mais a Audiencia desestimouno e confirmou integramente a sentenza, declarando de oficio as costas da apelación.
Deste xeito, mantense firme a condena que acredita que o axente se excedeu no exercicio da súa autoridade durante a actuación policial.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)