AD

Actualidad

Conferencia de Xerardo Estévez e Alfonso Salgado onde analizarán o porvir urbanístico de Santiago

today20 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Os arquitectos explican que a cidade é un lugar “compartido”, construído no fogar, no traballo ou no tránsito polas súas rúas, prazas e bulevares
  • A Delegación de Santiago do COAG organiza esta charla que comezará ás 19:30 horas na sede Afundación.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023 (Vía Láctea Comunicación).- A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) organizará o próximo mércores, 22 de novembro, unha conferencia titulada “Compostela en dez pasos. Somos Cidade ou cada quen ao seu?” que ofrecerán os arquitectos Xerardo Estévez e Alfonso Salgado. A charla celebrarase ás 19:30 horas na sede Afundación de Santiago (rúa do Vilar, 19).

Os arquitectos explican que unha cidade é un ente que concilia a competencia de cada individuo e as súas carencias coa vida en comunidade. “A sociedade construímola no fogar, no traballo, no tránsito polas rúas, as prazas e os bulevares. O ser humano é un ser social que comparte e colabora, e a cidade é a expresión máxima desa condición” –indican–.

Estévez e Salgado apuntan que se a cidade é unha causa común, “non pode ir cada quen ao seu”, sexa un veciño ou un gremio, apropiándose, dalgún xeito, dunha parcela que considera propia, nin tampouco a gobernanza da cidade pode ser un sumatorio de intereses. “A cidade é o lugar compartido, o acordo na diferenza, a coherencia na mestura, o compromiso no conflito, e casa mal coa simpleza e a segregación” –destacan–.

Xerardo Estévez (Santiago, 1948) é arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. Foi elixido alcalde de Santiago en 1983. Deixou a política en 1998 e continuou dedicándose aos temas da cidade, o territorio e o patrimonio como arquitecto, escritor e conferenciante.

Alfonso Salgado (Santiago, 1966) é arquitecto e xunto a Francisco Liñares dirixe o estudio Salgado e Liñares arquitectos. Recibiron o Premio de Arquitectura Española 2020 do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España pola obra do Complexo Turístico de Albeida na Serra de Outes.

A xornada é de libre acceso, pero con inscrición previa para unha axeitada organización: ENLACE.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%