AD

Destacado

Convocada unha gran manifestación en Santiago o 5 de outubro en apoio a Palestina

today16 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

A Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina anunciou este martes en Santiago a convocatoria da manifestación “Galicia con Palestina”, que se celebrará o domingo 5 de outubro baixo o lema “dous anos de xenocidio, 77 anos de ocupación”.

A protesta principal partirá ás 12.00 horas da Alameda compostelá, pero non será a única: a plataforma confirmou que ese mesmo día haberá mobilizacións en 42 localidades máis de toda Galicia. “Haberá autobuses que, no seu momento, anunciaremos para facilitar a chegada desde diferentes puntos do país. Xa está prevista tamén a impresión de máis de 5.000 carteis e 20.000 panfletos”, explicou Ánxela Gippini, integrante de Galiza por Palestina.

Pola súa banda, Óscar Valadares, de Mar de Lumes, subliñou que a convocatoria non responde só ao que cualifican de “xenocidio”, senón tamén a “77 anos de ocupación do territorio palestino por parte de Israel”. Segundo apuntou, “Israel só non podería manter este nivel de destrución e morte sen o apoio sistemático das potencias internacionais”.

No acto de presentación tamén participou Sara Ashour, da Asociación Galaico-Árabe Jenin, quen compartiu a súa experiencia persoal cando, con 17 anos, puido entrar en Gaza coa súa familia no ano 2019. “Desde o autobús vía a diferenza: en Israel hai estradas asfaltadas, semáforos, centros comerciais… e en Gaza os materiais de construción chegan con conta-gotas”, relatou.

Ashour, de 22 anos, lamentou ademais que pasaron seis anos sen poder ver aos seus avós e que descoñece cando poderá reencontrarse cos seus tíos. “Isto tamén é froito da ocupación”, concluíu.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *