Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Estudantes das universidade de Santiago unirán forzas nun encerramento en solidariedade co pobo de Gaza. A convocatoria, promovida por Erguer Galiza, xunto con outras organizacións como Galiza Nova, Creba Socialista, Isca!, BDSGaliza e outros colectivos, terá lugar na Facultade de Historia da USC ás 20:00 horas do próximo martes 14 de maio.
O obxectivo deste acto é presionar ao sistema universitario para que non coopere con institucións ou empresas israelís e para que as tres universidades galegas se posicionen a favor dun alto o lume inmediato na rexión.
O manifesto compartido en redes sociais inclúe outras demandas, como o establecemento de relacións de colaboración coas universidades de Gaza.
Na cidade de Santiago, a concentración terá lugar na Facultade de Historia a partir das 19.00 horas. Nos outos campus de Galicia haberá concentracións e acamapadas semellantes.
Written by: Líder Redacción
acampada compostela concentracion palestina radio lider santiago santiago usc
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)