AD

Actualidad

Cores e Sons: unha experiencia musical inesquecible para este verán en Vedra

today5 junio, 2025

Fondo
share close
AD

As instalacións da banda de música de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, acollerán este mes de xullo unha nova edición do campamento musical Cores e Sons, unha proposta pensada para rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos que queiran aprender, compartir e gozar da música nun entorno natural.

O campus desenvolverase do 14 ao 18 de xullo e está promovido pola Fundación Sanganxa, unha entidade sen ánimo de lucro que aposta pola música como ferramenta de crecemento persoal. A actividade combina formación instrumental, traballo en grupo e tempo de lecer, coa natureza como aliada e coa banda como fío condutor.

Durante o campamento, o alumnado participará en clases individuais e grupais, ensaios colectivos e actividades deseñadas para mellorar a técnica e a expresión musical. O programa culminará cun concerto de clausura o venres 18 de xullo, aberto ao público.

A proposta está dirixida a intérpretes de instrumentos de vento, percusión, cello e contrabaixo. Os contidos serán impartidos por profesionais con ampla experiencia docente e musical, como Juan Lois, Aida Lozano ou Carla Figueroa, entre outros.

A inscrición está xa aberta ata o 30 de xuño e pode realizarse a través da web coresesons.com/inscricions. Para máis información, está dispoñible o teléfono 670 364 705 e o correo electrónico comunicacion@fundacionsanganxa.com

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *