AD

Actualidad

Country en galego e con retranca: a banda Uns actúa este sábado no CGAC en Santiago

today21 mayo, 2025

Fondo
share close
AD
  • A banda galega Uns combina o son country americano coa lingua galega nun proxecto con raíces locais, retranca e conciencia social.
  • Este sábado actúan no CGAC, en Santiago de Compostela, a partir das 20:00 horas con entrada inversa

Os galegos Uns, grupo nado en 2022 entre Compostela e A Coruña, avanza con forza no panorama musical apostando por un country “feito con retranca e identidade galega”. Nunha entrevista en Radio Líder Santiago, o seu vocalista e compositor Xavi Ferreirós falou da traxectoria do grupo, do seu novo EP profesional en camiño e da súa visión cultural comprometida: “O noso selo como galegos nótase na música, na lingua e na retranca”.

Uns xorde do encontro de catro músicos que xa se coñecían e decidiron dar forma a cancións con son atlántico, inspiradas en artistas coma Johnny Cash ou Dolly Parton, pero escritas en galego. “Non esperes por min, meniña”, un dos temas máis significativos, relata a historia dun home no cárcere que lle pide á súa amada que non agarde por el. “É un tema moi do country: vidas duras, xenerosidade, humanidade… máis alá dos prexuízos”, afirma Ferreiro.

A banda actuará este sábado ás 20:00 horas no Espacio X do CGAC en Santiago, con “entrada inversa”, é dicir, ao gusto do público: “Traede moedas de prata, de ouro ou billetes. Que cada quen pague polo que sente que recibe”, convida con humor.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *