AD

Actualidad

Críticas ao goberno de Ordes por excluír políticas de vivenda e emprego no novo orzamento

today30 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

 

O portavoz do BNG, Pablo Vidal, expuxo que “Ordes está a padecer un gran problema de vivenda, dado que non está a resultar atractivo para as promotoras de cara á construción de edificios de vivendas, existindo á súa vez un gran número de vivendas baleiras, pero que polo xeral adoecen dunha reforma”. Esta situación, “derivou nunha brutal suba dos prezos dos alugueiros no noso concello nos últimos anos”, apunta Vidal, quen ademais asegura que, o problema “non está a ter resposta algunha por parte do goberno municipal, que é incapaz de tramitar un anexo de habitabilidade que permita a transformación a vivenda dos baixos sen uso, nin contempla partidas nos seus presupostos para dotar de recursos a políticas específicas de rehabilitación de vivenda ou creación de vivenda pública”.

Desde a fronte nacionalista, botan en falta nos orzamentos “fondos para a ampliación da E.D.A.R. de Ordes, un proxecto estratéxico que condiciona o desenrolo de gran parte dos solos urbanizables do concello, entre os que se atopa o S-12, referente á ampliación do polígono industrial de Merelle“. Segundo Vidal, os presupostos “carecen de dotación para facerse coa titularidade dos terreos precisos para a ampliación do polígono industrial, o que acredita que esta actuación non resulta unha prioridade para o goberno municipal”.

Por outra banda, o BNG denuncia “o abuso de subvencións nominativas practicado polo goberno municipal”, algo que segundo apuntan “sinala tamén o interventor municipal no seu informe sobre os orzamentos”. Para Vidal, “non pode ser que o goberno municipal reparta case 200.000 € a dedo como o está a facer”, reclamando “a creación dunha ordenanza municipal de subvencións, que regule a concesión das mesmas no ámbito social, cultural, deportivo e asociativo do noso concello, garantindo deste xeito a transparencia, a igualdade de oportunidades e a concorrencia competitiva”.

Os presupostos revelan que o custe de demolición das antigas instalacións de Viriato, ascende a mais de 420.000 €, repartidos en dúas anualidades. A este respecto, Vidal precisou que “con isto, o custe real das instalacións de Viriato aproxímase a 1.200.000 €, ao que lle haberá que sumar o importe de compra das parcelas contiguas e pertencentes a outros titulares privados que tamén forman parte do ámbito”, polo que o voceiro nacionalista calcula que “o custe total dos terreos e desfacer o que alí hai, supere con claridade 1.500.000 €, sen valorar por parte deste goberno municipal ningunha posibilidade dun mínimo aproveitamento dalgunha das edificacións existentes, hipotecando directamente unha gran cantidade de recursos públicos”.

O bloque tamén quixo lembrar “a existencia de numerosas pistas en moi mal estado de conservación, xunto co grande retraso na dotación de servizos públicos de abastecemento e saneamento polo rural, con parroquias que aínda non dispoñen de nin un só metro de abastecemento ou saneamento municipal”. Vidal acusou ao alcalde como “responsable desta situación, logo de levar á fronte do goberno municipal 10 anos, dándolle prioridade a outro tipo de actuacións”.

O BNG votou en contra dos presupostos municipais, ao considerar “que deixan sen atender a proxectos estratéxicos para o futuro do noso concello, lastrando por completo o futuro urbanístico, laboral e social de Ordes”.

O BNG DEMANDA O SOTERRAMENTO DAS LIÑAS AEREAS NAS RÚAS VIRIATO LAMAS E DE GALICIA

Os nacionalistas apuntan que “trátase de rúas recentemente urbanizadas, que dispoñen de canalizacións que permiten o soterramento dos tendidos aéreos existentes na zona”, polo que instaron ao alcalde a “requirir ás empresas que xestionan os citados tendidos aéreos, o soterramento dos mesmos na rúa Viriato Lamas e na rúa de Galicia”.

SEGUEN OS ATASCOS NA REDE DE PLUVIAIS DO CONCELLO

O BNG de Ordes puxo de manifesto “a existencia de numerosos sumidoiros que presentan entullos, impedindo o axeitado funcionamento das redes de pluviais”, algo que segundo indican “afecta tanto aos situados polo rueiro da vila, como aos existentes no acceso a edificios públicos, como por exemplo o tanatorio municipal, onde chega a acumularse unha gran cantidade de auga”.

Desde o bloque lamentan que “o goberno municipal fixese caso omiso ás anteriores peticións que fixemos ao respecto da limpeza e desentullo destas redes”, e instan ao alcalde a “abandonar a pasividade ante unha tarefa básica e fundamental, como é a limpeza e o axeitado mantemento”.

O BNG DEMANDA MELLORAS NA SEGURIDADE E NOS VESTIARIOS DO PAVILLÓN CASTELAO

A concelleira do BNG, María Martínez, expuxo “o risco de caída que presentan as varandas das gradas existentes no pavillón Castelao, ao dispor ocos de gran tamaño”, solicitando a súa protección “coa disposición duns taboleiros de metacrilato ou outro material transparente, que tape o oco e á súa vez permita a visibilidade”.

Martínez tamén fixo fincapé “nos problemas de temperatura que adoitan presentar os vestiarios exteriores 1 e 4”, onde demanda ao goberno municipal “dotar aos mesmos dalgún sistema de calefacción e modificar as portas traseiras do pavillón para limitar as correntes de aire que se forman na zona”.

OUTROS ROGOS E PREGUNTAS

O BNG interesouse por:

– Pola licitación do servizo para a xestión da escola infantil situada na rúa de Galicia.

– Pola resolución da condución de pluviais nas obras efectuadas no núcleo de Vilaverde.

– Polo resultado das obras na Costa (Poulo), coa existencia de bases de tapas rotas

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *