Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
• María Baleato explicou que os datos de ocupación hoteleira de xullo foron peores que os do pasado ano e remarca que, “de confirmarse as previsións do sector para este mes, estamos ante un mal verán para Compostela”.
• “Pedímoslle aos nacionalistas que, no caso de que verdadeiramente teñan unha estratexia turística a reformulen de forma urxente e se inspiren en casos de éxito e non nos leven, finalmente, ao apocalipse turístico”, subliñou.
O Partido Popular de Santiago, a través da súa concelleira María Baleato, lamenta que o BNG sexa “incapaz de poñer en marcha as medidas mínimas en materia de turismo para unha cidade que é a capital de Galicia”.
As cifras de ocupación hoteleira do mes de xullo, segundo os datos dos hoteis asociados á Unión Hoteleira de Compostela, están nun 76% de ocupación media, o que o converte no mes máis frouxo da tempada alta, fronte aos mellores datos dos meses de maio e xuño e de anos anteriores.
Ante esta contundente realidade, “pedímoslle aos nacionalistas que, no caso de que verdadeiramente teñan unha estratexia turística a reformulen de forma urxente e se inspiren en casos de éxito e non nos leven, finalmente, ao apocalipse turístico”, subliñou.
María Baleato remarca que “esta situación non é boa para Santiago, algo que o Partido Popular xa ven advertindo desde hai tempo, e é consecuencia das medidas alarmistas que os nacionalista veñen promulgando”.
“A percepción que reciben os turistas de non ser ben recibidos; as pintadas e carteis con insultos cos que se atopan; a falta de ambición na planificación cultural e de ocio e o pouco atractivo das festas do Apóstolo, lonxe de producir unha mellora nos resultados de ocupación, o que provocan é unha perda de ocupación, feito que se aparta do obxectivo de incrementar as pernoctas, que todos deberíamos compartir”, indicou.
A popular sinala que, “desde o noso partido, advertíamos que o BNG vivía as festas do Apóstolo nunha dimensión paralela onde non estabamos os composteláns e, agora, os resultados demostran que estamos diante da crónica dunha morte anunciada, as festas do Apóstolo non foron un revulsivo para a ocupación hoteleira na cidade como si o foi, por exemplo, o Son do Camiño”.
Finalmente, engadiu que “non hai na cidade unha oferta cultural atractiva que sitúe a Santiago nun nivel superior na comparativa con outros destinos próximos, que si conseguen que a estancia media de turistas suba”.
Written by: Líder Redacción
compostela cultura politica pp radio lider santiago santiago turismo
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)