AD

Actualidad

Críticas do PSOE aos novos radares en Santiago: “Priorizan a sanción fronte á prevención”

today13 enero, 2026

Fondo
share close
AD

O Grupo Municipal Socialista de Santiago criticou con dureza a decisión do goberno local de instalar novos radares fixos e un semáforo con cámara, ao considerar que se trata dunha política “claramente sancionadora” que prioriza a recadación fronte á prevención viaria.

As e os socialistas advirten de que esta medida contradí o propio discurso defendido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, no ano 2020, cando apostaba por campañas de concienciación, planificación urbana e calmado do tráfico como eixos fundamentais da seguridade viaria.

A concelleira socialista Abal insistiu en que existe unha orde lóxica nas actuacións de mobilidade: primeiro o redeseño das rúas e o calmado físico do tráfico, despois a xestión intelixente da circulación e a educación viaria, e só como último recurso a aplicación de sancións en puntos xustificados con datos públicos. “Non é o caso destes novos radares”, sinalou.

Desde o PSdeG tamén alertan de que hai vías con menor tráfico e límites de velocidade reducidos que resultan máis perigosas pola elevada presenza peonil, pero que non están a ser priorizadas polo goberno municipal. Pola contra, denuncian que a política actual prevé duplicar os ingresos por multas, segundo recollen os propios orzamentos, o que pon en cuestión o discurso oficial de que non existe afán recadatorio.

Para o Grupo Socialista, a seguridade viaria debe basearse na planificación, na transparencia e na coherencia política, e non na imposición masiva de sancións sen medidas preventivas previas nin datos públicos que as avalen.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *