AD

Actualidad

De Ninghures e Ortiga sorprenden co lanzamento de ‘RosaLinda’

today5 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2025.- Xa está dispoñible RosaLinda, a primeira colaboración que asinan dous dos proxectos musicais máis destacados da escena galega: De Ninghures e Ortiga. Da mixtión entre as raíñas das feiras e o rei das verbenas agroma esta peza bailable e luminosa, na que o amor fía e reborda cada compás e que se presenta como a canción do verán que chega en setembro. A peza acompáñase dun videoclip dirixido por Lorenzo Negueruela e que se pode ver na canle de Youtube de De Ninghures.

No campo da festa conflúen os elementos máis recoñecibles das dúas bandas: o estilo de Ortiga e a organicidade dos instrumentos de De Ninghures -incluíndo algunha melodía tradicional- son parte dunha fermosa canción que se pecha cun pasodoble do gaiteiro santiagués Juan Bello Mallou e as palabras da súa compañeira, Mercedes Segade, falando do seu amor.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *