AD

Arte y Cultura

De Ninghures transformará a Sala Capitol nunha auténtica ‘Feira’ para presentar o seu novo álbum o 13 de marzo

today27 enero, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • As entradas para asistir á cita, que contará con artistas convidadas, estarán dispoñibles a partir das 12.00 horas do xoves 30 en www.salacapitol.com

27 de xaneiro de 2024.- De Ninghures vai de Feira, e de foliada, á Sala Capitol. O vindeiro 13 de marzo, a banda convidará ao público a sacar puntos raros e todos os que lle presten para presentar no mítico recinto compostelán o seu novo traballo discográfico, Feira, que verá a luz nas vindeiras semanas. As entradas para asistir á cita, na que a formación subirá ao escenario a diversas artistas convidadas, sairán á venda o xoves 30, ás 12.00 horas, na páxina web www.salacapitol.com. O prezo a través desta plataforma será de 15 euros  (más gastos de xestión), mentres que na billeteira será 18 euros.

Logo de presentar nas últimas semanas Corazón Alionado,  A Burriña e O Último Baile -os primeiros adiantos do seu novo LP, producido polo recoñecido Juan De Dios-, De Ninghures prepara o traxe e os allos para celebrar unha festa que, a ollos da banda, será irrepetible, pois estará ateigada de sorpresas. O día 13 de marzo o público asistente poderá bailar e descubrir ao vivo os temas que conforman unha Feira que, ademais de nomear o traballo, impregna o universo simbólico do álbum.

Porén, antes da presentación en Santiago de Compostela, De Ninghures contará con outras dúas citas sobre os escenarios. Primeiro visitará Narón o sábado 1 de febreiro para participar na gala Youtubeiras+ e, vinte días despois, o grupo aterrará en Bruxelas, xa que a formación será parte do cartel do festival Emigrason canda Fillas de Cassandra, Tanxugueiras e Terbutalina.

De Ninghures

De Ninghures fan música cos pés na terra e os brazos abertos. Son unha das bandas referentes da potente e rica escena actual en Galicia. Un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.

En 2022 publicaron Aquí, o seu primeiro álbum, e máis de medio cento de concertos e algúns sinxelos despois – coma o exitoso Morena, galardoado como Mellor Música do Ano en Galicia nos Premios Ari(t)mar, ou a enérxica muiñeira de montaña Poço-, nos primeiros meses de 2025 presentarán traballo novo, do que xa se coñecen Corazón Alionado,  A Burriña e O Último Baile.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *