Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 febrero, 2026
Onte pola mañá (12 de febreiro) constatouse a derruba dun pano dunha parte muro do cemiterio de Bonaval (15 metros de lonxitude por 6 metros de altura). Segundo sinalou a alcaldesa, “os servizos municipais de Obras e Arqueoloxía desprazáronse inmediatamente” e, de forma paralela, por motivos de seguridade, “tomouse a decisión de perimetrar a contorna e pechar o acceso á zona da ábsida da igrexa de Bonaval, ao espazo do cemiterio e á zona de parque adxacente para evitar posibles riscos por novos desprendementos”.
Goretti Sanmartín avanzou o resultado da primeira avaliación realizada polo persoal municipal de arquitectura e arqueoloxía desprazado ao lugar que indica que, “a falta dunha análise máis en profundidade, o colapso se debeu á acumulación de auga no terreo superior, que aumentou o peso e a presión, co conseguinte empuxe sobre un muro de pedra de mampostería”. Así mesmo, o persoal técnico de Obras tamén fixo constar que un muro das dimensións do de Bonval e con ese tipo de pedra non é o idóneo para soportar a presión do terreo. Segundo a análise inicial, o durrabamento primixenio aumentou a inestabilidade e provocou que posteriormente caese a parte frontal dos nichos que xa non tiñan apoio estrutural.
A rexedora avanzou os pasos a dar polo Concello unha vez feita a avalización in situ: “a arqueóloga municipal fará un informe detallado do muro, mais non é unha tarefa inmediata debido a que forma parte dun espazo con séculos de historia, séculos, polo tanto, de uso, de reparacións, e tamén de transformacións”. Tamén se procederá á retirada de elementos inestables e á colocación de apeos provisionais, actuación que tamén presenta complicacións por ser unha zona de difícil acceso para a maquinaria.
Así mesmo, “faranse os estudos necesarios do terreo e dos muros, xeotécnicos e de estabilidade, antes de formular as posibles propostas de rehabilitación que sexan necesarias”, sinalou Sanmartín, que avanzou a posibilidade de que “sexa necesaria unha actuación na totalidade do muro e dos nichos”. Dado que se trato dun BIC cun alto valor patrimonial, lembrou a alcaldesa, “as actuacións e a súa financiación deberán ser consensuadas coas distintas administracións”.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)