AD

Destacado

Desconvocan a xornada de folga no transporte de viaxeiros na provincia da Coruña

today1 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

As centrais sindicais (CIG, UGT e CCOO) desconvocan a primeira xornada da folga indefinida prevista para o vindeiro 2 de febreiro no transporte de viaxeiros da provincia da Coruña.

O inicio da folga indefinida no sector de transporte de viaxeiros da Coruña, inicialmente previsto para este luns, foi posposto ata o martes 3 de febreiro. Esta decisión, adoptada polos sindicatos, busca crear un espazo de diálogo que permita alcanzar un acordo na negociación do convenio colectivo.

Durante a mediación celebrada este sábado no Consello Galego de Relacións Laborais —que concluíu pasadas as sete da tarde— a representación empresarial presentou unha proposta que, en opinión do sindicato, resulta insuficiente respecto ás pretensións da parte social. Debe servir para que os empresarios se aproximen dunha vez a un marco de negociación real. CCOO xa adianta que as ofertas en materia de xornada e de organización dos calendarios e quendas están lonxe das propostas presentadas polo sindicato.

CCOO vén denunciando reiteradamente que a patronal do transporte suele recorrer a ofertas «de manual» que non responden ás reivindicacións esenciais do persoal, especialmente no relativo á recuperación do poder adquisitivo e á redución de xornada, aspectos que os sindicatos consideran irrenunciables para garantir a viabilidade do sector e a seguridade das usuarias e usuarios. As propostas de última hora ou a petición de aprazamentos tácticos, xunto á criminalización das protestas, responden a un patrón frecuente que practican os empresarios do sector do transporte. Estas prácticas, xunto á apertura de procesos disciplinares durante períodos de conflito laboral, son denunciadas por CCOO como un intento de «amedrentar ao persoal traballador e desactivar a mobilización colectiva, vulnerando garantías laborais básicas».

No actual contexto do sector do transporte na provincia da Coruña, marcado pola dificultade para reter talento e as condicións de precariedade que afectan á condución profesional, CCOO insiste en que só un convenio digno que incorpore melloras salariais reais e axustes na organización do traballo permitirá garantir a sostibilidade do servizo público de transporte.

A negociación reanudarase este luns ás 13:00 horas, ante a exixencia das persoas traballadoras de que a patronal aborde seriamente as súas reivindicacións para evitar a convocatoria da folga indefinida. Por tanto, desde a perspectiva de quen defendemos os dereitos da clase traballadora, instamos á patronal a dotar de medios reais estas negociacións, a abandonar tácticas dilatorias que só erosionan a confianza. É o momento de que os empresarios entenda que a dignidade do transporte público pasa pola dignidade de quen o fan posible. Só cun acordo que recoñeza o valor esencial destas persoas, poderemos pechar o conflicto e mirar cara a un futuro onde traballar no sextor no transporte de viaxeiros da provincia da Coruña. non signifique renunciar a unha vida digna.

Non podemos permitir que quenes sosteñen a mobilidade da nosa sociedade vexan precarizadas as súas vidas mentres garanten a mobilidade da sociedade. A cidadanía debe saber que cando os profesionais do sector agota as súas horas ao volante sen descansoi, se axustan os seus calendatios de maneira irracional, ou se recorta a seguridade para garantir ganancias e cando un traballador é ameazado con perder o seu emprego por reclamar o xusto, é a seguridade de todas e todos a que se pon en risco.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *