Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 abril, 2025
O Concello e Santiago e o Ministerio de Asuntos Sociais, Consumo e Axenda 2030 colaborarán na identificación de pisos turísticos ilegais que se anuncien a través de plataformas dixitais. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantivo este venres un encontro co ministro de Consumo, Pablo Bustinduy, nunha reunión na que tamén estiveron a tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás.
O ministro de Consumo, Pablo Bustinduy, visitou este venres Santiago de Compostela, onde mantivo unha reunión coa alcaldesa, Goretti Sanmartín, para abordar a proliferación de anuncios ilegais de pisos turísticos na cidade e na comunidade galega.
Durante o encontro, o Ministerio de Consumo fixo entrega ao Concello dun arquivo dixital con evidencias de máis de 400 anuncios de vivendas turísticas na capital galega, das cales só 66 contan cunha licenza habilitante. En total, o Goberno central detectou máis de 9.000 anuncios ilegais en Galicia. Ademais, facilitáronse as direccións de 221 vivendas que se anuncian sen autorización nas plataformas online.
A alcaldesa agradeceu a colaboración e destacou que o obxectivo principal do seu goberno é “preservar o uso residencial da vivenda”, mobilizando inmobles dispoñibles e garantindo unha oferta suficiente de vivenda protexida en toda a cidade. Neste sentido, destacou proxectos como o da parcela do antigo colexio Peleteiro, onde se reserva un 45 % da superficie para vivenda protexida.
Bustinduy subliñou o compromiso do Concello na loita contra a oferta ilegal de pisos turísticos e asegurou que o Ministerio prestará apoio técnico e xurídico para facer fronte a esta problemática. Tamén apelou á Xunta de Galicia para que non inclúa no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) as vivendas que carezan de título habilitante, e que proceda á súa baixa cando incumpran a normativa.
Durante a súa visita institucional, o ministro asinou no Libro de Honra do Concello no Pazo de Raxoi, nun acto no que participaron representantes de todos os grupos municipais.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)