Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Unha proba que organiza o concello de Dodro en colaboración co colectivo Remonte e que reuniu na súa última edición a 250 persoas para percorrer 12 quilómetros.
Dodro, 23 de maio do 2024 – Un ano máis o concello de Dodro organiza en colaboración co colectivo Remonte a Andaina nocturna que chega a súa cuarta edición.
Unha proba que crece cada ano e que reuniu no 2022 a 147 participantes e o ano pasado a 250, o que da idea do aumento de interese cada vez que se celebra. A proba está prevista que se celebre o vindeiro 14 de xuño.
A IV Andaina nocturna concello de Dodro sairán desde Teaio, para realizar un percorrido circular que pasará pola Cruz do Avelán, A Devesa e Bustelo, completando 12 quilómetros.
O Concello de Dodro dispón de 50 prazas gratuítas para as persoas empadroadas en Dodro. Neste caso a inscrición solicitarase no Departamento de Deportes de Dodro. Para o resto de participantes a inscrición terá un custo de 5 euros e poderase realizar na páxina andainabisbarradosar.com .
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)