AD

Comarca

Dodro denuncia un roubo de cable que afecta a luminarias do concello

today23 febrero, 2026

Fondo
share close
AD
  • O furto súmase a outros que tiveron lugar nas pasadas semanas e que deixa ademais danos nas instalacións

O concello de Dodro descubriu este pasado domingo que se cometera un furto na pista que transcorre paralela á estrada AC- 305. As sospeitas apuntan a que o roubo cometeuse na noite do sábado de piñata xa que o venres pasado as luminarias funcionaban. Foron varios os veciños que o domingo decatáronse da falta de iluminación.

Os ladróns levaron 600 metros de cable recentemente colocado. Este cable puxérase para iluminar unha zona moi transitada por veciños e veciñas que saen a camiñar habitualmente. O concello elaborara no seu día este proxecto por esta mesma razón polo que o roubo, máis alá do custo económico, prexudica de xeito directo á veciñanza da zona.

Ademais do cable hai que dicir que os ladróns rebentaron as arquetas para cortar e retirar o cable. O roubo súmase a outros cometidos na mesma pista e tamén de cable municipal. Un dos roubos produciuse hai uns meses nun tramo da aldea de Lestrove, no que se levaron tamén mobiliario na mesma senda.

O roubo foi denunciado a Garda Civil no cuartel de Padrón. A benemérita achegouse no mesmo domingo a inspeccionar a zona e segue cvoas pesqueisas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *