Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 noviembre, 2024
A Praza de Abastos de Santiago de Compostela converteuse hoxe nun emotivo escenario de dor e solidariedade tras o falecemento de Antonio Costa, o coñecido dono da «Carnicería Chelo & Muñico», quen perdeu a vida de xeito tráxico esta madrugada no que se presume un homicidio. Ás 12:00 horas, praceiros, clientes e representantes da corporación municipal reuníronse para render homenaxe á vítima, gardando un minuto de silencio en sinal de respecto e lembranza.
A conmoción era palpable entre os asistentes, que se congregaron en silencio, moitos visiblemente afectados, na memoria de Costa. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto co resto da corporación municipal, estivo presente no acto, un xesto que subliña o respaldo da administración local ao sector comercial e á familia do falecido. Sanmartín expresou novamente as súas condolencias e destacou a gravidade do suceso, reiterando o compromiso das autoridades para esclarecer o caso.
O ambiente na Praza de Abastos era de consternación e tristura. Os comerciantes, conmocionados polo que sucedeu, destacaron a perda dun compañeiro moi querido no mercado, recordado polo seu trato próximo e a súa dedicación ao traballo. A Praza, aínda en funcionamento, mantén unha atmosfera marcada pola dor e a incertidume mentres as investigacións avanzan.
Este acto simbólico, acompañado por un silencio respectuoso, reflicte o impacto profundo que a traxedia deixou na comunidade.
Dous detidos e na procura de localizar a un terceiro
As forzas de seguridade están inmersas na investigación do presunto homicidio de António Costa. Segundo as últimas informaciós, as autoridades detiveron xa aos tres sospeitosos, dous homes de nacionalidade venezolana e outro italiana.
Descártase o roubo como motivación, pois os agresores non se levaron o diñeiro que Costa levaba consigo. Diversas fontes especulan con dúas posibles causas para o incidente: un altercado accidental que terminou en violencia fatal ou unha disputa previa que se intensificou dentro da Praza de Abastos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)