Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 julio, 2024
O pasado 6 e 7 de xullo celebrouse en Alcobendas o Campionato de España Máster ao aire libre, onde acudiron, representando ao club MillaRaio, David López Vilariño e Purificación Cariñena Amigo
David acadou a medalla de bronce no salto de altura M50 e a sétima posición nos 100 metros valados, mentres que Puri competiu en 100m, 200m e 400m na categoría F50, e acadou na carreira de 400 metros a sétima posición cun excelente rexistro
Ademais, dende O MillaRaio fan balance sobre o excelente rendemento dos seus equipos na tempada ao aire libre
Ames, 17 de xullo de 2024.- O pasado 6 e 7 de xullo celebrouse en Alcobendas o Campionato de España Máster ao aire libre, onde acudiron, representando ao club MillaRaio, David López Vilariño e Purificación Cariñena Amigo. David acadou a medalla de bronce no salto de altura M50 e a sétima posición nos 100 metros valados, mentres que Puri competiu en 100m, 200m e 400m na categoría F50, e acadou na carreira de 400m a sétima posición cun excelente rexistro. Ademais, dende o MillaRaio fan balance sobre o excelente rendemento dos seus equipos na tempada ao aire libre.
O club de atletismo MillaRaio dá conta dos últimos resultados obtidos nos últimos campionatos que participou durante esta temporada. En primeiro lugar destaca a participación do club amesán, durante a primeira fin de semana de xullo (6 e 7 de xullo), en Alcobendas, no Campionato de España Máster aire libre, onde acudiron representando ao club, David López Vilariño e Purificación Cariñena Amigo.
David acadou a medalla de bronce no salto de altura M50 e a sétima posición nos 100 metros valados, sendo a primeira medalla que acada un atleta máster do club nunha competición nacional. Puri competiu en 100 meros, 200 metros e 400 metros na categoría F50, e acadou na carreira de 400 metros a sétima posición cun excelente rexistro, mellorando a súa marca persoal en máis de un segundo.
Excelente rendemento dos equipos na tempada ao aire libre
Por outra banda, o MillaRaio fai balance sobre o excelente rendemento dos seus equipos na tempada ao aire libre. A tempada de aire libre rematou cun rendemento excelente para o club de atletismo MillaRaio nos campionatos de equipos.
Todos os equipos femininos (sub10, sub12, sub14 e sub16) e o equipo masculino sub18, conseguiron clasificarse para o campionato galego de equipos da súa categoría. As rapazas sub10, ademais, conseguiron subir ao podio pois acadaron o terceiro posto no seu campionato.
O éxito repetiuse cos equipos de remudas 4×100, pois o sub10 feminino, o sub12 feminino, o sub16 feminino, o sub16 masculino e o sub18 masculino, tamén se clasificaron para o campionato galego, acadando o equipo sub18 masculino o subcampionato sub18 e a cuarta posición no campionato absoluto onde competiu con atletas de categorías superiores.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)