AD

Destacado

Dous hidroavións franceses chegan a Galicia para reforzar a loita contra os incendios forestais

today14 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025 — O aeródromo militar de Lavacolla, en Santiago de Compostela, recibiu esta mañá dous hidroavións franceses tipo Canadair como parte do reforzo internacional solicitado polo Goberno de España para combater a vaga de incendios que afecta a Galicia.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recibiu ás tripulacións francesas, ás que trasladou o agradecemento do Goberno español e da cidadanía galega. Destacou a importancia da cooperación europea nestes momentos de emerxencia:
«Esta achega é unha mostra máis da solidariedade e coordinación internacional ante situacións tan complexas como a que vivimos», sinalou Blanco.

As aeronaves, con capacidade para máis de 5.000 litros de auga, teñen prestacións similares ás utilizadas en España e serán xestionadas pola Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior. O seu emprego centrarase nos focos máis urxentes, en coordinación cos dispositivos autonómicos e locais.

A chegada destes avións responde á activación do Mecanismo Europeo de Protección Civil, solicitado por España ante a gravidade da situación. O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, xa adiantou onte que se estaban a mobilizar recursos adicionais para frear as chamas.

Pedro Blanco reiterou o compromiso do Goberno:
«Non imos parar ata frear e apagar cada un dos incendios. O noso compromiso é absoluto: protexer ás persoas, preservar o territorio e devolver a tranquilidade ás zonas afectadas».

Os equipos de extinción levan días traballando sen descanso, nun esforzo conxunto entre administracións, mentres Galicia enfróntase a unha das tempadas de incendios máis duras dos últimos anos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *