AD

Actualidad

Dous incendios sen feridos este venres en Santiago

today8 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Un lume, de escas dimensións, rexistrouse este venres na avenida de Lugo de Compostela. Eran as 10.30 horas deste venres, cando o persoal dun despacho de avogados situado na entreplanta do inmoble decatouse de que había fume tanto na oficina como na escaleira do portal, tendo que proceder á avacuación de todo o edificio.

Inicialmente descoñecíase a orixe do fume, que finalmente estaba nunha das oficinas do bufete. O foco era unha papelera situada baixo unha das mesas de oficina do despacho que era utilizada por varios avogados, e que no momento do incendio estaba baleira. Segundo os bombeiros, os danos déronse sobre todo polo fume, sendo fundamental que os mobles da oficina sexan de madeira noble, que non arde con facilidade.

Poucas horas deste incidente, os bombeiros acudiron a outro incendio, na rúa do Río. Neste caso, a causa probable do lume foi o calor desprendido por unha calefacción de pellets, situada ao fondo dun ximnasio.

Os xestores do negocio foron os que alertaron aos servizos de emerxencia, que ao chegar ao local para iniciar os traballos atopáronse cunha gran cantidade de fume no interior.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%