Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 septiembre, 2025
Este domingo, 14 de setembro, a A-54 volveu ser escenario dun tráxico accidente de tráfico no termo municipal do Pino. Segundo confirmou o 112 Galicia, o sinistro rexistrouse arredor das 14:30 horas á altura da parroquia de Cerceda, cando un turismo se saíu da vía e bateu contra a varanda.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061 —que incluso mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago—, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Porén, ao chegar, os equipos só puideron certificar o falecemento dos dous ocupantes do vehículo. As vítimas son dúas persoas novas, un home de 23 anos e natural de Arzúa, que conducía o vehículo, e a súa acompañante, unha moza de 22 e veciña de O Pino.
A pesar de que en primeira instancia se barallou a posibilidade de que as vítimas estivesen atrapadas, os bombeiros non tiveron que intervir no rescate, limitándose ás tarefas de limpeza e restablecemento da seguridade viaria.
Segundo testemuñas presenciais que circulaban a esa hora pola autovía, o vehículo ía a unha velocidade excesiva cando se saíu da vía.
Desde o 112 Galicia tamén se puxo en coñecemento dos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) a situación, por se resultara precisa a súa intervención.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)