AD

Actualidad

EASD Mestre Mateo, descubrindo, formando e potenciando o talento galego

today7 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

O Museo Gaiás na Cidade da Cultura acollía hai poucos días o Desfile Despunte organizado pola Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo, o que asistiu o alumnado, profesorado e distintos representantes da industria, xunto a unhas 500 persoas de público. Ao longo das súas 13 edicións, Despunte foi medrando e evolucionando cara o actual formato de Gala, que estivo conducida por Diana Nogueira. Neste ano, ademais, o público tivo a oportunidade de ver unha exposición dos tres mellores proxectos fin de estudos do resto das especialidades que tamén se imparten na Escola (Deseño de Produto, Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística).

Ademais dos desfiles das coleccións correspondentes a Despunte (25 coleccións do alumnado recén egresado no Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda) e Miscelánea (18 coleccións do alumnado de 3º de Estudios de Moda) o público puido ver sobre a pasarela os 24 looks do Desfile da colaboración dos Estudos de Xoiería con Encaixe de Camariñas.

Entre as premiadas estiveron as compostelás, Naiara Esparís, gañadora do Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Fotografía e Alicia Gómez García, Premio á Mellor Colección Modiña, consistente na realización dun editorial de moda e posterior publicación na revista Galicia de Moda, así como a participación dentro do programa do evento Modiña.

Álvaro Veiga, Naiara Esparís (de vermello), Elisa González e Alicia Gómez, durante a entrevista en Radio Líder Santiago

Ambas alumnas participaban no programa Vive Santiago de Radio Líder Santiago xunto coa vicedirectora da EASD Mestre Mateo, Elisa González, onde explicaron a súas vivencias no periodo de formación académica e como encaran o seu futuro.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%