Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 marzo, 2026
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026. O xestor cultural e investigador compostelán Eloy Fernández Mateos, director do Museo da Maxia de Galicia, vén de recibir o Premio ao Mellor Traballo de Investigación nos Premios Fundación SGAE de Investigación en Cultura.
O galardón recoñece o seu estudo sobre o sector do ilusionismo en España, realizado no marco do Máster en Xestión Cultural do Instituto Complutense de Ciencias Musicais (ICCMU). A investigación debulla a identidade da maxia contemporánea española e as carencias estruturais que dificultan a súa plena integración nas artes escénicas.
Este estudo propón analizar os principais axentes que compoñen o sector do ilusionismo en España, dende a segunda metade do século XX, así como a súa idiosincrasia propia, que nutriu a varias xeracións de artistas de innegable prestixio e influencia a nivel internacional. O seu descoñecemento e invisibilidade dificulta o seu pleno desenrolo como sector artístico, á vez que pon en risco a sustentabilidade do seu valioso patrimonio cultural.
Este recoñecemento estatal reforza o labor desenvolvido dende Santiago á fronte do Museo da Maxia de Galicia, espazo dedicado á conservación e divulgación do patrimonio máxico. A traxectoria de Eloy Fernández é coñecida polo público da capital galega en diversos espectáculos de maxia itinerante en Compostela. Tamén resulta salientable a súa aportación ás visitas Café Comentado, que se desenvolven no histórico Casino de Santiago, onde combina demostracións de cartomaxia e maxia de proximidade, achegando ao público a dimensión cultural do ilusionismo.
Museo da Maxia de Galicia
O Museo da Maxia de Galicia baixo a xestión de Eloy Fernández Mateos abriu as suas portas no pasado mes de novembro na praza de San Miguel dos Agros de Composfela recollendo o legado do mestre Kiko Pastur como centro de referencia para a maxia en Galicia.
O museo artéllase arredor de visitas guiadas nas que o propio Eloy Fernández e outros magos galegos compartirán curiosidades, anécdotas e pequenos relatos da historia da maxia galega e internacional. Estas visitas combinaranse con maxia de preto, realizada a poucos centímetros do espectador, convertendo cada percorrido nunha experiencia única.
A programación complétase cunha Escola de Maxia para todas as idades, actividades educativas, charlas e conferencias, ademais de encontros específicos para a comunidade ilusionista. O museo é tamén sede da Asociación Compostela Máxica, que organizará xornadas, conferencias e encontros entre profesionais e afeccionados.
Escrito por Líder Redacción
cultura Eloy Fernández Mateos investigacion premio Premio Fundación SGAE


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)