Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 mayo, 2025
O Centro Comercial As Cancelas converteuse onte nun espazo de celebración e reivindicación da cultura galega coa gravación dun programa especial de Radio Líder Santiago, conducido por Álvaro Veiga, con motivo do Día das Letras Galegas. O espazo emitirase este sábado de 10:00 a 12:00 horas, cunha programación centrada nas cantareiras e na tradición oral galega.
O programa contou coa participación das cantareiras, pandeireteiras e grupo de gaitas e percusión da asociación Xirandaina, que ofreceron música en directo ao longo da gravación, enchendo o centro comercial de sons e ritmos tradicionais.
Un dos momentos destacados foi a entrevista a Lucía Miramontes, responsable de Bulideira, tenda especializada en traxes tradicionais galegos, ubicada en San , quen puxo en valor a importancia da indumentaria como símbolo de identidade e raíz cultural.
Tamén participaron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Javier Nicolás, director do Centro Comercial As Cancelas, que falaron do compromiso co galego desde as institucións e o ámbito empresarial.
Ao remate da emisión arrancará a sesión vermú a cargo de José Azurmendi ata ás 14:00 horas.
Escrito por Líder Redacción
as cancelas bulideira dia das letras galegas especial programa xirandaina
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)