Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 marzo, 2024
O certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios
O xurado valorou un total de 56 regueifas, 47 delas inscritas na categoría escolar e na xeral
Ames, 13 de marzo de 2024.- Xa coñecemos as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega. Como en edicións anteriores, o certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios; e cun total de seis premios en cada unha das categorías: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada.
O xurado estivo composto por Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Carballo; Fátima Souto, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; e Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro. Valoraron un total de 56 regueifas, 47 delas inscritas na categoría escolar e na xeral.
Estas son os vídeos gañadores, que poden verse na web do certame ou na canle de Youtube:
Categoría xeral:
Categoría escolar:
de Bormoio-Agualada (Coristanco).
IES Santiago Basanta Silva (Vilalba).
Pluringüe Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela).
pasado”. Alumnado do CEIP Plurilingüe Santa María do Castro, Cabo de Cruz (Boiro).
Alumnado do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).
Plurilingüe Nétoma-Razo (Carballo).
O xurado acordou ademais conceder un accésit á Regueifa máis inclusiva a NOA E MARTÍN polo vídeo “Todo isto son mentiras” (IES Antonio Fraguas, Santiago de Compostela).
O 3 de abril terá lugar a entrega de premios nunha gala no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 11.00 horas. O evento estará conducido por Manolo Maseda e Séchu Sende, e polas formadoras do certame Enreguéifate Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Nuria das Cruces, e será un percorrido polas formas de improvisación oral galegas no que non faltará a música en directo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)