AD

Actualidad

Este é o vídeo co que os populares galegos celebran o Día de Galicia

today24 julio, 2024

Background
share close
AD
  • Tomando como punto de partida unha expresión tan nosa como é a pregunta “E ti de quen es?”, os populares responden a esta cuestión antepoñendo a nosa Comunidade por riba de todo: “Debémonos por igual a todos os galegos e galegas”
  • Ao longo do vídeo pódese ver tanto o presidente Rueda como á secretaria xeral do partido, así como aos catro presidentes provinciais, en lugares emblemáticos como o miradoiro do Cabo do Mundo na Ribeira Sacra, a praia de Riazor na Coruña, a Muralla de Lugo, o casco histórico de Ourense, a ría de Vigo ou o Monte Pedroso de Santiago de Compostela

24 de xullo de 2024. O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución da primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda, e faino a través dun vídeo no que se reivindica como o partido que máis se parece aos galegos e galegas: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”.

Tomando como punto de partida unha expresión tan nosa como é a pregunta “E ti de quen es?”, os populares responden a esta cuestión antepoñendo a Galicia por riba de todo e explican así a idea que intentan transmitir a través desta pequena peza audiovisual: “Non só pensamos nos que votan ao PPdeG e que nos apoiaron maioritariamente en catro convocatorias consecutivas, senón en toda Galicia. Debémonos por igual a todos os galegos e galegas”.

Ao longo do vídeo participan tanto o presidente Alfonso Rueda como a secretaria xeral do partido, así como os catro presidentes provinciais. “Eu son de Galicia”, subliñan todos eles en lugares emblemáticos da nosa Comunidade como o miradoiro do Cabo do Mundo no Saviñao (Paula Prado), a praia de Riazor na Coruña (Diego Calvo), a Muralla de Lugo (Elena Candia), o casco histórico de Ourense (Luis Menor), a ría de Vigo desde o Monte da Guía (Luis López) ou o Monte Pedroso de Santiago de Compostela, con vistas á Catedral, no que o líder dos populares galegos pecha o vídeo antes de iniciar un novo percorrido coa súa moto.

A RIQUEZA PATRIMONIAL DE GALICIA

A elección da Ribeira Sacra como escenario tanto para os primeiros segundos deste vídeo como para o acto celebrado onte para conmemorar precisamente o Día de Galicia non é casual. De feito, no PPdeG escolleron este lugar emblemático e aspirante a ser declarado Patrimonio Mundial da Unesco porque “exemplifica á perfección todo o que somos”.

“Queremos reivindicar e poñer en valor o infinito patrimonio da nosa terra. Toda esa riqueza cultural, artística, natural, histórica e humana que nos fai sentir orgullosos de ser galegos e de vivir en Galicia”, explican neste sentido.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%