AD

Actualidad

Este luns reabre ao tráfico a rúa do Pombal

today13 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O obxectivo xeral da obra, cun orzamento de máis 760.000 euros, foi o de mellorar a calidade do espazo público e, por tanto, a calidade de vida das persoas. Ademais, esta transformación supuxo unha mellora notable da accesibilidade e funcionalidade da rúa, completando as obras de renovación do muro e noiro da Alameda, así como a renovación das instalacións e servizos urbanos.

No que ten que ver coa accesibilidade, elimináronse barreiras arquitectónicas e ampliouse a dimensión da beirrarúas próxima ás edificacións, adaptándoa á normativa vixente e creando un itinerario peonil, moi utilizado, máis cómodo e seguro. As obras incluiron a construción dunha plataforma única, mais co tráfico rodado segregado e ben delimitado, co resultado dunha rúa máis amable e favorable para camiñar a pé ou circular con cadeiras de bebés ou de rodas. Tamén conta con mobiliario urbano renovado, pequenas áreas axardinadas e zonas de descanso.

No relativo ás instalacións e dotación de servizos urbanos, renováronse as redes xerais de saneamento e abastecemento, e houbo una modernización das instalacións de iluminación pública, máis eficientes e homoxéneas. Tamén se interviu nas redes de telecomunicacións e distribución de gas.

Ademais dos dous carrís de circulación, a marxe dereita pegada ao muro conta cun carril refuxio para a bici. O obxectivo é facilitar o uso ciclable na rúa e favorecer a seguridade viaria das ciclistas neste tramo de subida.

Tranporte urbano e mobilidade

En canto ao transporte urbano, as liñas afectadas polas obras do Pombal retomarán a normalidade o luns 21 de abril. Estase a actualizar o Sistema de Axuda á Explotación da rede de transporte e Tussa reforzará informará ás persoas usuarias na próxima semana.

As obras do Pombal afectáronlle a sete liñas: 4, 8, 9, C2, C4, P1 e P7, que á volta de Semana Santa recuperarán as paradas, frecuencias e itinerarios previos ao inicio dos traballos.

Coa reapertura ao tráfico, recupérase a circulación en dobre sentido pola rúa do Pombal. A principal novidade tén que ver co acondicionamento do carril bici en sentido subida, mentres que o tránsito peonil se realizará á beirarrua situada na marxe esquerda, xunto ás vivendas e establecementos, que conta cunha maior amplitude.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *